O sábado 17 de maio, ás 12:00 horas, terán lugar 8 actos centrais de Queremos Galego! Neles será lido o manifesto Un paso adiante e mais outro paso adiante, Galiza!, feito por Marica Campo. Os lugares concretos son os seguintes:
- A Coruña: A carón do Teatro Rosalia de Castro (confluencia das rúas Real e Rego de Auga).
- Ferrol: Praza de Armas.
- Foz: Praza do Conde de Fontao.
- Lugo: Xardíns de San Roque (diante da estatua de Xoán Montes).
- Ourense: Alameda (diante da estatua de Eduardo Blanco Amor).
- Pontevedra: Praza da Peregrina.
- Santiago: Porta Faxeira.
- Vigo: Manifestación con saída de Vía Norte.