A Asemblea de Socias-os da AELG aprobou incorporar aos estatutos as modalidades de socio protector-a e socio colaborador-a para entidades e particulares que, sen pertencer de maneira exclusiva ao mundo da escrita, contribúan ao desenvolvemento das actividades e a vida da Asociación. Aprobáronse os informes económico e de actividades de 2013 e 2014. Tamén os nomes das persoas e entidades que na próxima Gala das Letras (que se celebrará en Pontevedra o día 3 de maio) recibírán os Premios "Os Bos e Xenerosos" e "Institucións Culturais", que terán ambos o teatro como protagonista, así como Premio AELG "Mestras-es da Memoria". A vixésima homenaxe "O Escritor na súa Terra - Letra E" dedicaráselle ao Xabier P. DoCampo, o 14 de xuño en Ribeiras de Lea.
Premio "Os Bos e Xenerosos"
A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega quere recoñecer o esforzo e o compromiso da xente do espectáculo para manter vivos os nosos escenarios nun momento en que os recortes afectan de maneira especial ás programacións culturais. Desta maneira, a AELG premiará representantes de todas os ámbitos da escena galega:
Premio AELG 2014 "Institucións Culturais"
A AELG valorará tamén o impulso dalgunhas institucións na promoción do teatro e, neste sentido, premiará:
Premio "Mestras-es da Memoria"
Xabier Blanco e Elba Requeijo serán os informantes recoñecidos nesta segunda edición
O Escritor na súa Terra - Letra E
O escritor Xabier P. DoCampo será este ano o homenaxeado coa letra E de O Escritor na súa Terra e protagonizará, polo tanto, a xornada na que, entre outros actos, plantará unha árbores no seu territorio biográfico. A homenaxe chega este ano á súa vixésima edición.
Alén destes premios, a AELG xa adiantara que o escritor vasco Bernardo Atxaga será, desta volta, o Escritor Galego Universal.
O calendario de actividades a desenvolver no primeiro semestre de 2014 é o seguinte:
Tamén está prevista unha Homenaxe a Luísa Villalta para o segundo semestre do ano.
Pode consultar aquí o informe de actividades de 2013 presentado pola Secretaría xeral.