Tendo noticia de que deixa de coordinar e presentar o programa Zigzag diario, a escritora María Solar, socia da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, agradeceríamos lle transmitise a nosa gratitude e recoñecemento polo traballo que desenvolveu ela ao longo destes anos, e que foi premiado de maneira reiterada polo seu labor cultural e pola súa pluralidade e calidade na divulgación da literatura galega en concreto.