Versos contra cianuro
5/7/2012
Un grupo de poetas está organizando un recital de poesía contra a contaminante mina de Corcoesto (Cabana de Bergantiños), que se baralla para o día 11 de Agosto.

A organización contará coa presenza musical do amigo Serxio Moreira ao piano e buscamos un ou varios pintores que se animen a facer un cadro en directo.
De momento a nómina de autores é a seguinte: Paco Souto, Xosé Lois Cabanas, Miguel Mato e Oscar de Souto.
Así que velaí, se podedes e queredes participar no recital, quedades convidados.
Será en Ponteceso, probabelmente na casa dos veciños do Couto.
Podes comunicar o teu interese en participar no correo electrónico:
 
pacosouto@hotmail.com
 
Sería fantástico que fixerades un poema ad hoc.