Aberto o prazo de inscrición para o obradoiro "O berro de Lord Byron
17/10/2012
Impartido por Carlos Negro.
Foto da novidade

 Carlos Negro será o encargado de conducir o obradoiro de escrita creativa que, baixo o título "O berro de Lord Byron" pretende lograr que os participantes adquiran o hábito da escritura como outra maneira de gozar do tempo libre, á vez que afondará na afección pola lectura e na valoración  do feito literario como produto lingüístico, estético e sociocultural.

 
O Obradoiro vaise realizar no Centro Sociocultural de Conxo, comeza o sábado 27 de outubro ás 11 da mañá e desenvólvese en dez sesións de dúas horas cada unha.
 
A inscrición é de balde ata completar as 20 prazas para persoas adultas que se ofrecen, e cómpre formalizala dirixíndose ao Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago:
 
981 54 24 09
dlg@santiagodecompostela.org