Remate do prazo para solicitar a axuda da Aelg en concepto de Asesoría Fiscal ou Xurídica
18/8/2010

 A Aelg comunica ás súas Socias e Socios que o vindeiro 30 de setembro remata o prazo de recepción de facturas nos conceptos de Asesoría Fiscal (incluíndo a da confección da declaración da renda) e Xurídica (relativas a servizos relacionados coa condición de escritor/a).

A Aelg aboará até un máximo de 75€ por Socia/o até esgotar o fondo desta liña de axudas.