Inauguración do Roteiro Literario-Artístico Fiz Vergara Vilariño
13/5/2010
Roteiro que converte a Lóuzara nun marabilloso espazo onde as palabras do Fiz, aloumiñadas polas intervencións de 13 artistas plásticos, se debullan en simbiose cunha natureza esplendorosa.

XOVES, 18 DE MARZO DE 2010, ÁS 17:00 HORAS
AIRA PADRÓN. LÓUZARA.

 

Un roteiro habitado polas intervencións de:
Primitivo Lareu, Jesús Otero-Yglesias, Buciños, Álvaro de la Vega, Violeta Bernardo, Miguel A. Macía, Fernando Yáñez, Mónica Alonso, Paco Poy, Caxigueiro, Eduardo Valiña, Paco Pestana e Manuel Caamaño.

Vexa aquí algunhas das instalacións.

Vexa aquí no mapa o punto de partida.

Vexa graficamente toda a información aquí.

Para chegar a Aira Padrón:
Desde Sarria hai que dirixirse a Samos (a 10 minutos de Sarria), atravesar Samos e continuar a estrada cara Triacastela e a menos dun quilómetro xa se ven varios indicadores á dereita (o 1º deles indica a casa de turismo rural de Aira Padrón). Cóllese por aí e ata Aira Padrón son  8 qm. todo seguido.


Colaboran:
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Concello de Samos
- Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo
- Axencia Galega de Desenvolvemento Rural