A AELG lamenta fondamente a perda de Marcos, dinamizador cultural, xornalista, mestre e investigador da historia cultural, literaria e política da súa cidade e de todo o país.
En 2009 a AELG entregou o premio para a Institucións á Sección de Literatura do Liceo de Ourense, personificada na figura do seu director desde o ano 2000, Marcos Valcárcel, cuxo labor representa o compromiso desta entidade coa nosa literatura mediante o desenvolvemento de múltiples actividades relacionadas coa escrita literaria e a figura do escritor/a.