Pasamento do Escritor Xosé Porto Matalobos
18/5/2009
O enterro foi o xoves 14 de maio.

Cronista da Estrada. Patriota galego. Compromiso e responsabilidade nacionalista.

Gardador e coidadoso da memoria estradense. As súas motivacións estiveron sempre nas forzas de chegar ás verdades. O pasado non era un atranco para abrir as portas.
Dinamizador de múltiples iniciativas na Estrada. 

Poeta e narrador. Dedicado vocacionalmente á nosa música, en especial á tradicional e popular.