A Aelg lamenta o pasamento do compañeiro e amigo Avelino, que co seu xeneroso esforzo contribuiu á defensa da nosa cultura nacional e á dignificación a través tamén do seu traballo incansábel da Nosa Poeta, Rosalía de Castro.
As exequias terán lugar no tanatorio do Cemiterio de Boisaca ás 12:00 do 3 de marzo de 2009, precedidas dunha misa funeral no propio cemiterio ás 10:00.
Avelino Abuín, que naceu no 1931 na parroquia de San Xoán de Liaño, no concello coruñés de Dodro, estudara Filosofía e Letras na Universidade de Santiago.
Este destacado galeguista foi un dos fundadores do Pedrón de Ouro no 1964, que outorga anualmente un galardón que recoñece a personalidade ou entidade viva, residente en Galicia, que destacara na defensa ou promoción da cultura galega.
Foi un gran estudoso da obra de Rosalía de Castro, a quen dedicou varias antoloxías, e foi o impulsor da súa ruta literaria, polas paisaxes que evocan os seus escritos.
A súa obra poética, pola que recibiu o premio Celso Emilio Ferreiro, abarcou diferentes estilos e temáticas, con obras como 'Camiños' (1961), 'Home ó pairo' (1974) e 'Roldas de Compostela' (1983).
Catedrático de ensinanzas medias, exerceu no colexio Peleteiro de Santiago, e creou os xogos florais de secundaria en Galicia.
Deixa tamén unha extensa obra xornalística, con máis de 8.000 artículos, incluídos os que entre 1954 e 1958 escribiu como corresponsal dende Portugal.