A AELG mostra o seu pesar polo pasamento do seu Socio Daniel Cortezón, o dramaturgo que máis se esforzou por subir a historia galega ás taboas en momentos decisivos para a nosa literatura.
Na súa carreira coma escritor e dramaturgo destacan obras coma A vila sulagada, coa que gañou o Premio Blanco Amor, ou A diáspora e Xelmírez ou a gloria de Compostela no teatro. No campo do ensaio foi autor de títulos coma O esprito de Galiza, Castelao ou a paixón de Galiza.