A HOMENAXE “O ESCRITOR NA SÚA TERRA”, IMPULSADA POLA ASOCIACIÓN DE ESCRITORES EN LINGUA GALEGA, RECAE NA FIGURA DE XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR
Será homenaxeado na terra onde naceu, Melide
(A Coruña, 27 maio 2008).- A homenaxe O Escritor na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, chega este ano a súa XIV edición recaendo, por decisión unánime da súa asemblea de socios e socias, na figura de Xosé Vázquez Pintor, que será homenaxeado na terra onde naceu, Melide.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da asociación, e tense constituído ao longo dunha década como unha celebración na que a terra de orixe do homenaxeado/a cobra un protagonismo fundamental nesta cita cultural.
Tratase dunha celebración múltiple e popular na que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor/a (unha peza escultórica asinada por un/ha recoñecido/a artista galego/a), a plantación dunha árbore simbólica (elixida polo propio autor, e que neste caso é un buxo), a colocación dun monolito conmemorativo ou a inauguración dun espazo público co nome do/a homenaxeado/a ou cun nome elixido polo/a homenaxeado/a.
· Programa de actos
Sábado, 7 de xuño de 2008
11,30 horas
Xardíns da Capela de San Roque
Plantación dun buxo (árbore simbólica do escritor) e descubrimento da Pedra Escultórica dedicada ao homenaxeado.
Interveñen: Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, e o escritor Xosé Vázquez Pintor.
12,30 horas
Biblioteca Pública Municipal
A Biblioteca Pública Municipal recibirá o nome de Xosé Vázquez Pintor.
Intervirán: Mercedes Queixas, secretaria xeral da AELG, Socorro Cea, alcaldesa de Melide, e o homenaxeado, Xosé Vázquez Pintor
13,30 horas
Salón de plenos do concello de Melide
Acto de entrega da Letra E
Intervirán: Mercedes Queixas, secretaria xeral da AELG, e Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG
Lectura da laudatio, pronunciada polo escritor Ramón Caride Ogando.
Entrega dunha peza escultórica do artista Silverio Rivas a Xosé Vázquez Pintor.
Intervención do homenaxeado
14,30 horas
Xantar de confraternidade
Aberto aos/ás socios/as da AELG, vecindade de Melide e demais persoas interesadas, no Restaurante Sony (Estrada de Santiago, s/n)
· Anteriores merecedores deste galardón
I Edición . 1995 . Boa, Taramancos
Antón Avilés de Taramancos
II Edición . 1996 . Cangas do Morrazo
Benardino Graña
III Edición . 1997 . Outeiro de Rei
Manuel María
IV Edición . 1998 . Vigo
María Xosé Queizán
V Edición . 1999 . Gres, Vila de Cruces
Xosé Neira Vilas
VI Edición . 2000 . Parada do Courel
Uxío Novoneyra (póstumo)
VII Edición . 2001 . Ribadeo
Luz Pozo Garza
VIII Edición . 2002 . Vilalba
Xosé Chao Rego
IX Edición . 2003 . Nogueira de Ramuín
Xosé Fernández Ferreiro
X Edición . 2004 . Teis, Vigo
Salvador García-Bodaño
XI Edición . 2005 . Ourense
Pura e Dora Vázquez
XII Edición . 2006 . Vigo
María do Carme Kruckenberg
XIII Edición . 2007 . O Valadouro
Manuel Lourenzo