____________________________________________________________________________
Así mesmo, con esta sinatura, a Consellería de Innovación e Industria e a AELG seguen apostando pola conservación, promoción e difusión da lingua e a cultura galegas a través das novas ferramentas da información.
A sinatura tivo lugar o día 16 de maio de 2007, véspera da celebración do Día das Letras Galegas e mais do Día de Internet así como do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información,
Este convenio permitirá ampliar os contidos do portal da Aelg (www.aelg.org) e así poñer a disposición do usuario un proxecto de creación da editorial dixital “AELG Editora”, que suporá o deseño e implementación dunha aplicación web que permita a recepción dixital de borradores e a súa valoración colectiva para decidir a súa publicación; a publicación na rede das obras escollidas de forma que resulte cómoda para o lector/a; o deseño e uso de aplicacións de valor engadido que permitan que o público tire partido das obras publicadas (ferramentas para enviar ás amizades a recomendación dunha obra, foros de debate e valoración das obras publicadas, ferramentas de procura de obras polo nome do seu autor/a, polo titulo, xénero e palabras clave, mais tamén por calquera palabra do texto ou do título).
Ao abeiro deste convenio tamén se fará realidade o proxecto de ampliación do Espazo Didáctico xa existente na web da AELG, coa elaboración de 60 unidades didácticas sobre diversos aspectos do sistema literario galego dirixidas ás diferentes etapas do ensino, e que se poñerán ao servizo da comunidade educativa.
Vexa aquí a nota de prensa.