Os/as asistentes ás II Xornadas sobre a Propiedade Intelectual e os Dereitos de Autor/a, organizadas os días 22 e 23 de marzo pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e a Facultade de Dereito da UDC, xa poderán pasar recoller os diplomas acreditativos no gabinete do Prof. Dr. Rafael García Perez, no Departamento de Dereito Mercantil desta Facultade.
Poderanse recoller a partir do xoves 14 de xuño en horario de 11.00 a 13.00.