Na Asemblea Xeral Ordinaria do 20 de xaneiro acordouse conceder o galardón "Escritor Galego Universal" ao autor angolano Pepetela, que veu ao noso país no mes de maio recoller o premio na tradicional Cea das Letras da Aelg. Impartiu así mesmo varias conferencias por todo o país.