Día Mundial da Poesía: Presentación do Cartaz "Poetas de Galiza"
21/3/2007

   A Asociación de Escritores en Lingua Galega, coa colaboración da Consellaría de Cultura e Deporte a través da súa D. X. de Creación e Difusión Cultural, e cumprindo cun dos seus principais obxectivos, a visibilización da figura dos nosos escritores/as, desenvolveu a idea de elaborar unha serie de carteis que  nos axuden a poñerlles imaxe aos/ás nosos/as Poetas, e cuxo primeiro froito agora presentamos, coincidindo coa celebración do Día Mundial da Poesía este  21 de marzo.

   Este cartaz, do que se imprimiron 20.000 exemplares, foi xa distribuido por todo o país.

   Véxao aquí