Un novo pulo para o Centro de Documentación da Aelg
7/9/2006
Os/as Socios/as da Aelg contan con novo persoal para acelerar o proceso de dixitalización dos materiais para o Centro de Documentación.

Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos de radiodifusión galega. Comezou na temporada 1990-1991 cun formato que conxuga características dos informativos e mais da revista. O programa concíbese como un espazo de información, plataforma de divulgación cultural e foro de reflexión e debate atento ás novas fórmulas artísticas e creativas.

Desde o rigor dun programa especializado, Diario Cultural acolleu ao longo destes doce anos en antena os creadores e creadoras máis destacados dos distintos ámbitos artísticos, asistiu ao desenvolvemento de sectores especialmente dinámicos e contribuíu a un maior coñecemento das raíces da cultura e da historia propias de Galicia.