Centro de Documentación da AELG
Encuentros
2 de decembro
Autores/as relacionados/as:

ENCUENTROS


Yolanda Castaño Pereira nació en 1977 en Santiago de Compostela. En 1990 se trasladó a vivir a A Coruña donde estudió COU y estudia Filología Hispánica. Se da a conocer, en la adolescencia, a través de una serie de premios de poesía menores, como el Antonio García Hermida de Villalba, Atlantida 93 y Manuel Masdías de A Coruña, o el I Premio Francisco Fernández del Riego en el II certamen Xuventude 94, hasta que en 1994 obtiene el III Premio Fermín Bouza Brey y publica su primer libro, Elevar as pálpebras, con 17 años. 

Inicio del encuentro
• Hola a todos estou encantada de pasar esta experiencia dun encontro interesante e diferente cun público que é real e virtual ó mesmo tempo.
¿Por qué escribe en gallego si habla habitualmente en español? ¿Es más rentable escribir en gallego?
• Eu non falo habitualmente en español aínda que teño que recoñecer que son diglósica perdida: cos meus amigos que falan en español falo sempre en español, agora, se vou ó médico ou á Administración ou a unha tenda de roupa sempre falarei en galego. Cando se trata de literatura, non se pode falar de rentabilidade; escribo no idioma que escollín como a miña opción literaria e seguireille sendo fiel por enriba de rentabilidades.
Yolanda, es consciente de que parte do teu éxito como escritora está na imaxe? Como valoras iso? (NOTA: Por se houbese lugar a dúbidas, que quede claro que a pregunta vai formulada co máximo respeto)
• Non creo que a miña imaxe inflúa realmente no meu éxito como escritora estríctamente; antes ao contrario, tradicionalmente unha imaxe sofisticada nunca deu idea de credibilidade literaria (cousa coa que estou en contra, pois nada ten que ver). O que si creo é que a miña imaxe pode resultar mediáticamente atractiva, e que iso inflúa no meu relativo -moi relativo- éxito mediático, pero en todo caso iso é algo do que nin sequera me sinto demasiado responsable, e tampouco creo que teña que pedir perdón por elo.
Bar de Juan ou Patachim? Bicos, Xandro
• Ha, ha, ha... os dous se atopan na miña ruta nocturna habitual. Gústame sair pola noite e divertirme como a xente da miña edade, e gústame facelo por lugares máis "alternativos" como estes dous refuxios que mencionas.
só a poesía... non se atreve con outros xéneros?, Dígoo porque se atreve a ser presentadora, algo diferente e arriscado, mais solvente, un bo programa, sí.
• Penso que son valente e que sería quen de atreverme exactamente con todo aquelo para o que pensase -e outros pensasen- que estou capacitada, nin máis nin menos; coido que é importante ser consciente das propias limitacións tanto como das capacidades, e ser moi sincera con unha mesma, moi autocrítica. Encantaríame intentalo con outros xéneros quizáis máis adiante, sempre e cando me vise segura de min mesma e capacitada.
Non cres que en Galicia existen demasiados foros,tertulias, xuntanzas, premios, etc., e pouca actividade literaria real? Outra cuestión, non tes medo de ser máis coñecida pola túa beleza que pola túa obra literaria? Noraboa polas dúas. Xurxo
• Penso que nunca é pouco á hora da difusión dunha arte en boa medida esquecida como é a literatura. Fíxate que a difusión da música ou do cine, por exemplo, é moito maior. De feito, nos últimos anos desapareceron moitas iniciativas que impulsaban a poesía nosa, en especial a dos máis novos. Pero creo que a paixón pola lírica acaba atopando sempre os seus canais -máis ou menos agachados ou visibles- para manterse en movimento.
Águeda desde Baiona, amiga Yolanda, solo espero estar mañana en el encuentro digital, y sin más preguntarte si ya hay esperanzas para tener en mis manos un nuevo libro tuyo...
• Penso contar aquí que ti máis outros apaixonados da poesía tedes unha asociación de escritores da zona do Val Miñor que é unha iniciativa moi interesante xurdida nos últimos tempos. En canto á túa pregunta, sinto non ter demasiadas novas que contar, pois non é exactamente poemario ó uso os proxectos que agora máis me implican (xa desvelarei máis adiante, que, se non, gáfanse). O que si estou preparando é un libro de artista cun xoven artista plástico moi brillante e, ademáis, amigo.
Yolanda Castaño hizo COU en 1993 o 1994 (ahora no lo recuerdo), beneplacito de los profesores y sobre todo de la de gallego (no todos olvidamos cariño), en fin, niña, ¿sigues siendo tan **** como antes?
• Foi no 94-95. Hai cousas nas que non cambiei demasiado e sigo fiel á miña "esencia", pero en moitas outras si cambiei moito, moito. Iso, penso, está ben. Só faltaba que quedase sempre igual!
¿cual es tu principal fuente de inspiración?
• A vida, aínda que eu a concibo separada da literatura, si é unha fonte de inspiración que está aí. Pero a vida é todo: o que nos ocorre, o que lle ocorre á xente do noso redor, o que lemos... as miñas influencias non son exclusivamente literarias: inflúenme as letras das cancións que escoito, o cine que vexo, a publicidade (que me gusta moito), as artes plásticas (que me apaixonan), etc.
¿cómo has conseguido este apartado en la web de La Voz?
• Como saberedes, esta é unha iniciativa que parte de "La Voz de Galicia"; eles convidáronme moi amablemente e aquí estou eu encantada da vida e vivindo unha experiencia chula chula.
Son Alfonso desde Alemania, cales foron as razóns que te levaron a escribir? Un saudo
• Deso hai tanto tempo e é unha cousa como tan... anterior en min que me resulta complicado responderche, Alfonso. Ás veces penso se sería a poesía a que me escolleu a min. Engaioloume esa maneira de escribir, ese xeito misterioso e extraño e belo de comunicación e empecei a tratar de reproducilo coma todos: por imitación
¿Como consigues elevar la sensibilidad y el respeto a las palabras?¿COmo de difícil es tener un estilo propio y diferenciado?¿Que aspectos educativos deberían potenciarse desde la escuela para lograr esa sensibilidad estilo y ser capaz de plasmarla?JRPL
• A sensibilidade para a poesía nace e faise. Algo hai aí, pero desde logo tamén hai que educalo (igual que se educa a sensibilidade para ver un cadro), cousa que require un esforzo por parte de ensinantes, esforzo que moitas veces non se leva a cabo. Despóis esa sensibilidade hai que traballala moito, por unha parte ler moito e por outra buscar dentro de ti a túa propia voz, unha auténtica ou que procure a autenticidade, vamos, que non minta. Tratar de creerse que se pode crear algo novo, da nada, aínda que ese "ex nihilo" sexa unha falacia, porque todo está xa creado, pero temos que crérnolo igual.
¿COmpromiso social, político u objetibismo literario?¿Se puede ser aseptico en la literatura?¿Se debe ser aséptico?¿Y en el periodismo?¿Y en la vida?JRPL
• O feito de lanzarse a escribir poesía e sacala á luz penso que xa de por si é o maior compromiso e a nosa loita máis intensa e máis activa. Hai política en prácticamente todo o que escribimos e en todo o que facemos, sinxelamente nunha actitude. A asepsia diso pareceríame horrible, falsa e despreciable.
Ola Yolanda. Recoméndame algunha novela en galego da última fornada.
• Pois diríache por exempo "Baixo mínimos", de Diego Ameixeiras, un rapaz novo (por fin un rapaz novo!) cunha novela que lerás até o final.
Existe unha crítica literaria independente ou a maioría está ao servizo da mercadotecnia?
• Como literatura non normalizada que a galega é, a súa crítica literaria é máis ben totalmente independente da mercadotécnia. É máis, a mercadotécnia do libro, para a nosa desgracia, case case non existe en Galicia. Eu penso que sería moi boa cousa para todos que si existise un mercado potente para a literatura en galego, un mercado coidado e apoiado fortemente polas institucións coma un patrimonio máis. En canto á crítica, esa está ben como está, e o máis independente posible.
a que poeta ou narrador galego recomendarías ler?
• Pois imos tirar polos compañeiros, os compañeiros de xeración, pois entre os poetas novos galegos (hoxe xa non tan novos... he, he) hai xentiña moi interesante e con moita forza e, en moitos casos, aínda por descubrir para o grande público galego. Falo de, por exemplo, Emma Couceiro, Estevo Creus, Olga Novo, Rafa Villar, Kiko Neves, Eduardo Estévez, Marta Dacosta, María Lado... por aí.
Yolanda, ¿como te enfrentas a un papel en branco?
• Nunca á forza ou cun horario. Iso sería o máis contrario á poesía. Non son nada metódica e póñome a escribir sempre por un impulso ou unha predisposición, cando mo pide o corpo ou unha idea que andaba bulindo na cabeza dende había un tempo e quere ser atendida e saír. Entón é cando me poño. Só entón.
Hola Yolanda, encantado de falar contigo. Chamome Joaquin. ¿Que consellos me darias para poder chegar a publicar unha obra?
• Publicar a primeira obra sempre é o máis complicado. Pero hai saídas: a dos premios é unha vía (un deses que aparella a publicación da obra), outra é a de mandar o libro a unha editorial e probar sorte directamente, e logo está a de a autoedición, a menos recomendable: calquera cuns cartiños pode imprimir un libro, o difícil é sempre a distribución. Pero tamén hai outras maneiras de darlle saída aos poemas: publicalos en revistas ou fanzines por aí, ou botalos en público, en viva voz, montando un recital. Sempre quedan canais alternativos, moitas veces máis frescos e libres e divertidos. Moita sorte amigo e non o deixes.
Fin del encuentro
• Bueno...! xa andan doendo os dediños... foi un pracer e unha experiencia, como digo, divertida e curiosa saber e constatar que si hai vida aí, ó outro lado. Graciñas a todos por mandar as vosas palabras e por aquí andaremos sempre, dándolle duro. Un bico grande.