Dende a opaca pátina do balcón pechado -
				[Texto íntegro]
			
			
				
					
						Castaño, Yolanda
					
					
				
			
			
			
		 
		
		
			
			
				
					
v1yolandacastañoopaca.html
  
    
      | Desde a opaca pátina do balcón
pechado.
 
 (Retirada a cadeira contra a parede para non ver, un
 proceso no que debo tapar os ouvidos con moita forza)
 Dende a toupeza do aceno feral
 dunha verde balsa onde non conseguín perderme,
 e os ruídos fanse de máis
 e o elemento
 accidentes.
 Desde o lugar exacto
 dalgunha ausencia
 lambo anacos de marfín desta matriz
 e pecho os ollos nesta brancura da que xa non son princesa.
 
 A autista vixiante no faiado, Lucía coa súa vida na bandexa.
 Desde esta corda dun outeiro cego
 nin ninfa nin altazor,
 recodo de carqueixa onde borrarme.
 
 Desde o fervor das trenzas que tanto custaron,
 disciplina das trenzas das que ti non es valente.
 
 Coma un deserto verde que vomite o meu deserto,
 o sono dun mosteiro no que só se escoiten os meus berros.
 
 Desde a paisaxe dun oco.
 A miña desrelación co medio.
 
 Que o branco palacio se fai fortaleza, e o labirinto unha
presencia animal,
 e de Triana imposible
 e as habitacións
 concéntricas.
 
 Son eu na cripta e o meu nome dentro, debuxado de tiza.
 
 Se entender esta presbicia
 é cousa dalgún espacio,
 verde
 ou branco.
 
 |