XXXVI
Lingua:
Ámo-te así, na boca, como se ama
Á moza no limiar do coito, porque
Sabes a esencia e patrimonio, porque
Es nosa e miña a un tempo cando vou
Na soedade do xardín e teño
Espacio para estar, contra o designio,
Nese cáliz da rosa permanente
Que ti es, desde o máis antigo sol
Que chama na mañá polos insectos.