Centro de Documentación da AELG
A liña estructural da narrativa neiriana (prólogo Encrucilladas)
Valentín Paz-Andrade
Autores/as relacionados/as:
Fonte: Galaxia

A LIÑA ESTRUCTURAL DA NARRATIVA NEIRIANA


FABULACION E SOCIEDADE

Dentro do "corpus" poliédrico e fluente de cada literatura, o relato de imaxinación está a xogar seu papel. No noso tempo, con crecente calado e bizarría. Non cal si fora de tantas unha peza máis, artellada ao sistema cultural contemplado.

Mellor compriría ademitir que se trata de unha estructura de ideo-formas autónomas. Por natureza, superposta ao magma caduceiro da realidade, mais chamada á perduración intemporal, co seu "sistema de transformacións" (1). Como cadra á dimensión máis comprida e ventureira das construccions do espirito.

O xénero inzóu en ben perfiadas especies. A primeira viría a sere o conto. Se o conto é o príncipe, chamaremos raíña á novela. E poderíamos completar a xerarquía acollendo ao romance, en canto designa certo tipo de fabulación longa e complexa.

Este conxunto de modelos ficcionais -conto, novela, romance, certo tipo de reportaxe...-, sexa de feitío clásico ou ao "nouveau roman", con desenleo ou sin el, tiña de vir a encher un espacio valeiro do espírito humano. Un novo espacio, moito máis dimensionado, en longura e profundidade, que o cuberto pola épica en xa recuados tempos.

Vai andado máis de meio século, desde que Georg Luckas nos adiantóu a "teoría da novela ". Co análise no plano epistemolóxico, deixóu para sempre cravada a sua seta no albo. A novela ten unha ' finalidade" certa. Non é, nin menos nin máis, que a de "representar unha determinada realidade social, en un tempo concreto, con toda a coor e a atmosfera específicas de ese tempo" (2).

Máis que unha explicación semella unha definición. Coa luz que do contexto irradia, chégase axiña a ter por certo que a narrativa fabulatoria ten constituído un verdadeiro achádego social. Non era de abondo facer historia, unha discipliña sacralizada pola reverencia á verdade. Suma de coñecimentos onde o tal principio opera como pauta e como fronteira. Onde a mesma verdade, fría para sere firme, xoga a sua baza maxistral, mais deixando anacos de vida fora. E moitas parcelas do home ao marxe de aquela órbita.

Tiña de chegar e chegóu certa hora de maturidade. A de dar doadamente pasos adiante. Aínda que foran trotes de cabaleiría. Con eles abríronse camiños paralelos no mundo da invención literaria. Era de abondo con lle recoñecer á imaxinación a sua foralidade primacial, ceibe de pexas e de atrancos.

Polas portas que se abrían entróu de cheo a consustanciación do mito. Cecáis a metamorfosis máis prolífera que se operóu no alborecer da literatura escrita. A libertade conquerida no uso da intelixencia, supoñía a libertada de sustituir nos tecidos da obra a noción do verdadeiro pola noción do verosímil. E aínda sobrarían canas e vimios para novos tentos no inframundo ou no trasmundo, da maxia ou do absurdo.

O narrador de ficción -como pola outra banda o poeta-, monta a sua vixilia na extrema máis outa ou no recanto máis segredo da vida. A sua dimensión en canto artista medra emparellada á sua capacidade de criar mundos imaxinarios. Non ten teito para o pulo vertical do seu maxinar. Mais éste oirá superposto ao background da vida miuda e anónima, onde a acción do relato se inxerta.

A maoría de edade de unha literatura non se conquire sin a asunción dos seus valores pola sociedade. Elemental obxetivo do desenvolvimento cultural, que non conqueriremos sin un parello desenvolvimento do arte ficcional. Basta con lembrar que a "novela e forma da virilidade madura—, según aquele filósofo hegeliano se fartóu de relembrar.(2)


RAIZ TOPOLÓXICA DAS IMAXES

Cal acontece no caso de tantos galegos, a de Xosé Neira Vilas é unha vida denantes de feita, tronzada. A ferida que nela ven incidindo non podía ser outra que a emigración ás Américas. Vida, pois, de dous hemisferios. Entre un e outro, a nivel do espírito, insértase un sistema de correlacións, máis ou menos autorregulabel. Pudéramos engadir que a leí dos vasos comunicantes opera eiquí sen acougo.

A relación fenomenolóxica de tal xeito prefigurada, non ten ren de ventureira nin de continxente. Non se deberá asimilar a un simple reciclaxe de vivencias sensoriais. Semella máis axeitado pensar na presencia de unha "estructura nai ", coa sua reciprocidade típica, seu preceder e seu suceder. O que Jean Piaget deixóu conceptualmente acuñado, en poucas
verbas:
..."Las estructuras madres son de naturaleza topológica, basadas en las nociones de vecindad, de continuidad y de límite" (1).

Toda a obra de autoría neiriana está montada a duas vertentes. Agromóu e madurecéu no segundo de aqueles hemisferios, a costa do tesouro de imaxes desplazadas do primeiro. A terra de nacencia e de mocedade, para quen a perdéu, transfigúrase en canteira de elementos imaxinativos. Agora é Gaston Bachelard quen bautiza o fenómeno co nome de topofilia (3).

Dentro do concepto atúllase "o valor humano dos espacios de posesión, dos espacios a defender contra forzas adversas, dos espacios amados—. O mesmo filósofo va¡ afinando a punteiría do análise, ate chegar a ben raiolantes esclarecimentos:
"El espacio captado por la imaginación no puede seguir siendo el espacio indiferente, entregado a la medida y la reflexión del geómetra. Es vivido. Y es vivido no en su po,itividad, sino con todas las parcialidades de la imaginación. En particular atrae casi siempre. Concentra ser en el interior de los límites que protegen".

Semella responder á lei de un fado, que Neira Vilas comenzara a escribir despois do impacto expatriatorio. E, moito máis, que escollera a poesía para poner a proba as suas aínda enfundadas armas. Por aquelo de que "é nos poetas onde se manifestar forzas que non pasan polos circuitos do
saber " (3).

Mais unha vez que foi auto-descoberto o manantial dormiñado, todo o demáis viría polo seu pé. E viría, como véu, ao seu tempo. Era custión de se facer permeabel á semioloxia interna e non refugar o desafío ás propias forzas. O desafío que a condición social de trasterrado, maormente para un galego, supón sempre.


Pode que no zodíaco das nosas letras o exemplo a que agora atino non sexa insólito. Ref come ao provocado pola conxunción espacio-memoria, dentro dunha determinada cosmoloxía das imaxes. Mais tambén pudera cadrar que nos atopemos diante do caso até agora máis convencedor e antolóxico.

De calquera xeito, para o fenómeno en sí mesmo, a sensibilidade galega atopábase predisposta. Cando menos a que ten folgo para rubir ás cimas do arte lírico:
"Claros ojos de la ausencia: como veis lo que no visteis Cuando mirabais de cerca" (4)

A ausencia, valeiro dramático, negativo no corporal, que pode encherse de valores positivos no espiritoal. Ao menos como recurso de autorregulación das forzas que se acugulan no home desgallado do seu chau.

O MARCO DA NATIVIDADE

Aboiando na onda de canto deixamos exposto, certa verdade ven a se chantar diante de nós. Para lle dar perfil semántico pudéramos nomeala como marco da natividade.

Si ben sexa sempre un elemento ex ante, o que agora ven a conto non sempre se comporta do mesmo xeito. Querse decir, como factor predispoñente ou conformativo do fondo antropolóxico que latexa no cadro. Mais ésta e non outra foi a sazón do froito que no caso pintóu.

Para o neno, primeiro, e despois enteirizo mozo, que la sere Neira Vilas, o micro-clima da nacencia foi determinativo, se non moldeante. Micro-clima máis estantío que alporizado, cuasi adormecente, que pouco mudaría ao avanzar a xuventude. Non foi somentes, como as veces, inxel escenario transitivo dos verdes anos. Ao trasluz da obra feita e da vida xa queimada, a certidume que se obtén arroxa outro significante (5).

Aqueles anos foron non somente receptivos. Máis ben serían fixativos, anos de incisión e contraste. Cando menos para certa sorte de ideación, agora doadamente intuíbel. Aquele exercicio de ósmose mental que permitíu ao autor adequirir a sua ricaz "cosmoloxía das imaxes ". Ou por decilo no xeito de Sartre, de aquela foi a formación da "conciencia perceptiva—, chamada a se trocar en conciencia imaxiizante " (5).

Neira Vilas agroma cedo nos eidos reavivecidos da narrativa galega. As Memorias de un Neno Labrego foron a sua credencial de presentación, que non precisóu de presenteiro (6). O relato de Balbino, en primeira persoa relatado, ten a transparencia das fontes. O mesmo na dicción que na liña narrativa. Unha terceira liño, non tardaría en descobrir o contexto sociolóxico, que pudera asoleirar se non toda, a parte de máis alento da obra. En fin de contas, unha confirmación ao vivo por presencia fenomenolóxica da topofilia nativa, na creación mitográfica.

GRES: ESTAMPA XEO-SOCIAL

O marco da natividade encadra unha aldeia galega. A de Gres, onde o autor foi parido. Tanto supón como vir ao mundo na entran a xeoétnica da nacionalidade.
Gres, queimada sílaba do barro, na terra da Ulloa outaneira. Gres, formado a xeito por estratos cámbricos e plegamentos arca icos (7). A xeito, como si tivera que lle dar á xente e a toda proba, o tempero da rexedume.

Os sinos de unha eirexa, pendurados na orella barroca da torre, repicaron á tardiña o día do bauticeiro. Eran badaladas de Sant Yago de Gres. A nave de Deus foi fabricada no século XVIII. Mans de labregos, a un tempo criadores do pan e labradores da pedra, tallaron as canteirías.

A fegresía, como baixo de duas azas, acolle a duas aldeias. A de Gres e a de Cirela. Este nome, como si for diminutivo de Cira, derradeiro castelo feudal da veciñanza. Ao pé da matriz érguese a rectoral, con fermosa capela ao pé. Longos invernos deitan arreu a tono grisallenta das pedras. Na cima do monte, o Castro Mouzo fai de esteo á lembranza dos primitivos poboamentos.

O río Deza acode por veigas e fragas abaixo a se derramar no Ulla. Os dous compoñen cos seus afillados, a hidro-rede da hisbarra, con artellamento de vellas pontes -Ledesma, Sulago, Ulla, Vea Aqueles ríos son moito máis que espellos movedoiros da paisaxe. Son seus patriarcas líquidos.

Gres e Cirela, apousadas en terras máis verdecentes que bravías. A xente vive do monte e do gando. Unha corda de feiras tradicionais polo contorno -Silleda, Bandeira, Lalín, Monterroso, Palas de Reí...- ven sere a única fenestra ao mercado de unha economía de subsistencia.

As casas labregas aloxan -moitas baixo do mesmo teito-, á xente e o armentio. Leiras a horta, nabal, patacas, centeo, herbeiro, poulo... Até hai cincoenta anos aforadas ao señorío. E sempre sin se axustar á unidade de cultivo pola teima do minifundio.

Vivendas sin conforto. Cuartos, sobrados de castaño sen labra, faio, fenestras de cativa luz... Folgadas cociñas, con escano arrente da lareira, para parladoiro de inverno, e rosario ao lume, guiado polo petrucio. As familias, un dia sí e outros tambén, aturan pola calada a pauliña da emigración. Cal si estivera instituída como a sola opción social aliviadeira da fame.

Mais non todo o caserio de ámbalas duas aldeias é de fasquía minguada. Teñen a maiores un par de pazos de traza barroquizante, tambén do século XVIII. O de máis pergameos pertence ao Marquesado de Algara de Gres. Outro é o Pazo de Leis. Aquele por disposición rexia foi de linaxe castelán. O xugo feudal a dous panos cuasi duróu dous séculos.

O titular de un acabóu vendendo pazo e torras a un —americano—, retornante con bulsa farta. O titular do outro acahóu pedindo esmola polas portas dos que foran seus rendeiros.


LIBRO DE LIBROS

Encrucilladas chega agora ás nosas mans como froito de segunda xeración. A calenda consecutiva das pezas que acolle, a maiores das afinidades contextuais, xustifica de abondo seu acoplamento no esquema trimembre.

Atopámonos -ben se olla-, diante de un libro de libros. Trindade sin trono ergueita sobre certa tras de parentesco obxetivo. Non por se tratar de fillos do mesmo pai. Mais golas transparenciables homeomorfas que converxen no "grupo aditivo—. Chegando, deste xeito -aínda a falla de xestación común- a unha inagardada "totalidade por composición " (1).

A nomeación Encrucilladas funciona a xeito de "slogan " semántico. Mais tambén como biorto de converxencia. Son tres os revinculeiros baixo o título unitivo. Algo jala nunha sola verba de camiños converxidos. De pobo que por eles vai e ven, coa sua sorte ao lombo. De pés que se magoan no seixo das congostras. De corpos que se espiñan nas silveiras da vida que outros nos dan. De incertidume andareira diante de rumos sin estrela a escoller en cada intre. Cara o mañán que non chega... Cara o destino ás cegas...

Os libros recopilados saíron seguidiños do prelo. Os tres despois da foguetería que deixaran no ár as Memorias de un Neno Labrego (1961). Este foi, como xa vai dito, o libro rompente, o misal da anunciación (5). Editaráse na Arxentina, primeira terra de exilio na que o autor moraba de aquela. Despois o libro faría unha carreira raiolante, maormente na área do seu sangue, onde a vida narrada se mexera. E onde a obra chegaría a ter en dezaoito anos oito edicións.

Dos demáis libros, os tres agora lanzados á nova andaina sincrónica, teñen pé de imprensa galego. Xente no Rodicio aparecéu no 1965. Camiño Bretemoso no 1967. A Muller de Ferro outros dous anos despois (1969) (8)

Con tan farturenta tanda ficóu pechado un ciclo da obra ficcional neiriana: dez anos. Outros dez, con acrescentamento dos froitos, van a se cumplir axiña. Por sorte atopando no noso tccionfsta no arco toral da sua vida, de cara á nobre vertenente da maturidade.

NOVELA DE EMIGRACIÓN

Dos tres libros que no de Encrucilladas se empolan, o do medio é unha novela. Os outros son colectáneas de contos. Camiño Bretemoso da título á narración que preside o volumen, Camiño Bretemoso, dístico composte con máis dose de simbolismo que de realismo.

Tras do dintel de neboeiro ferve outro hemisferio, outro país, outras xentes... Na paisaxe todo é distancia cósmica . A natureza semella engulir ao home.

Escenario arxentino, até pampeiro. Con todo, limpo de calcamonías criollas, vidalitas desanxeladas e aturuxos de trasplante. A narración tambén é dita en primeira persoa, con encaixe encuberto das outras na trama.

O persoaxe central, o autorrelator, é un honre entrado en anos, do que nin siquera coñocemos o nome. E un solteirón latriqueiro e vagariñante, con debezos de recuncar en amores serodios, leixados na torra e non correspondidos. Acaba -e con el o relato- de un tiro na sen.

A obra non chega aos alargos da novela grande. Nin pola eslora -ten 165 páxinas-, nin pola froumia episódica. Ben se adiviña que non foi teima do autor cubrir semellantes obxetivos. Por demáis se sabe que os merecimentos da narración pouco ou nada dependen do seu curto ou longo metraxe.

Merecernentos que no Camiño Bretemoso están ben á vista. Tanto intrínsecos como formais, Novela no concepto lukasiano de representar unha determinada realidade social. E con "o fin necesario e orgánico'' que Goldman esixe á "novela auténtica'', da que a morte do heroi ven sere a expresión simbólica (9).

Descendendo a outro plano, compre valorala no sua condición de novela da emigración, escrita na emigración. Singularridade que se viña facendo insólita en Galicia, onde semella estar aberto cara este romo o horizonte máis tentadeiro da narrativa social. E non de agora somente.


CONTOS MÁIS CONTOS

As demáis pezas coas que Encrucilladas se adobía, son colactáneas de contos. O libro de Xente no Rodicio, leva unha vintena. Por privilexio de edade, vai diante. O outro -abríndose con unha pantasía onírica-, titúlase A muller de ferro. Debaixo da sala recolle vintedous contos máis.

Todos teñen ár de familia. Son máis ben curtos. Algúns ate extracurtos. Non porque a capacidade fabuladora, o pulo da inventividade, non dean para maiores alargos. Máis ben pola preimposta esixencia de acodar unha maior condensación e sobriedade formal. Como quen diseña con poupanza de liño para obter maior gracia estética na expresión.

Nas edicións esgotadas -duas deica agora- de Xente no Rodicio, como na presente refundición, loce un limiar. Foi escrito para a primeira por "Salvador Lorenzana ". Abonda o creto de que tal atestación é merescente, para lle ter recoñecido ao autor comprida dominancia no seu mester até agora privanceiro. Folga engadir que as alaudosas estimacións do mcstre prefaciador sobre o primeiro monllo de contos, o mesmo valimento teñen para o derradeiro. Polo tanto, podemos dar por certo que o dominio do contista sobre a estructura do canto fica ao marxe de calquer disenso.

Non estará por demáis lembrar, que na linguaxe propia da fabulación, pura os fins do arte sub-xacen dous conceptos. Certo crítico que estudóu a cuestión a modo, fala de especies do mesmo xénero. Nocións, as duas, que en certo senso se contrapoñen, aínda vindo a remanecer de raiceira común.

Unha é a —descripción—. Outra a "narración''. No tocante á primeira ven a se describir cal si foro:
"...La representación de aspectos inalterables de las cosas, permanentes, momentáneos o recurrentes, o de hechos sin mayor duración".

Na outra cura temos a "narración''. O seu contido refléxase noutras palabras:
"... La representación puramente lingüística de la alteración de determinadas personas, situaciones y circunstancias en el curso del tiempo'' (10).

Semella darse a saber que se toma a "descripción" como elemento estático, mentres se considera dinámica a '"narración ". Unha e outra poden xogar seu papel tanto na concepción do conto como no xurrar da novela. Mais compre adimitir gradación entre unha e outra. A primeira ten de aceptar o sometimento á segunda. Con sacrificio, si a man ven, da descripción en proveito da narración, e non ás avesas.

O principio semella ser elemental. Mais non sempre é acollido de cheo. Neira Vilas ven ao mundo das letras de ficción coa lección deprendida. A tal e moitas outras. Na sua prosa narrativa non hai trazos sobreiros. A transparencia obtense con sinxeleza e elaridade. E sempre con axuste esguío, ao xeito da luva sobre a man.


A PROSA DA NARRATIVA

E agora, un derradeiro apontamento. Compre cinguilo a un ángulo da persoalidade do autor. A que adequiriu como home chegado da vida rústica á vida das letras, mantendo sempre o seu carimbo de autenticidade. E máis que polo seu arroallo creativo de fabulación, pola vontade de estilo de que trai carregada a sua pluma.

Xosé Neira Vilas, autodidacta da cultura, e ao mesmo tempo autodidacta da sensibilidade. En canto escribe demostra, como quen non quere a cousa, que a lingua non é só un producto social, senón, ademáis, socializador. Verdade elemental, mais básica. Verdade perentoria cando se escribe nun idioma secularmente marxinado.

O idioma non é somentes  -il ben o sabe- un sistema de signos, artellado en palabras e oracións. "O signo lingüístico xungue, non unha cousa a unha palabra, mais sí un concepto a unha imaxe acústica" (11).

A palabra na escritura neiriana compórtase como noción que ten duplo valor. Un como unidade semántica de significante. Outro como unidade fonolóxica. Ou sexa que si por unha banda é un concepto, por outra é unha imaxen acústica. E xa sabemos até que grado esta imaxen é solidarizable coa memoria do chan amado.

Os rasgos que agora vimos a considerar, poden ser referidos ao aporte de material lexicolóxico. Incorpora moito e belo, algún non recollido aínda nos vocabularios. Resulta máis de ademirar a galecidade da sintaxe, tan estragada hoxe polo superposición do castelán. Maormente en falantes da nova ola, resgatados de presa para a lingua de Rosalía.

Prosa de párrafo curto, cando non extracurto. Fórmula que pode rebaixar o énfase, mais non a axilidade expresiva. E que tampouco, ao menos na pluma neiriana, impide dar un tratamento cautivante ao caudal de imaxes adequiridas no marco da natividade.

Pousa Nova do Mar (Vigo), Nadal 1979.

 

(1) Jean Piaget, El estructuralismo, Proteo, Buenos Aires, 1968.

(2) Georg Lukacs, Teoría de la Novela, Edhasa, Barcelona, 1971.

(3) Gaston Bachelard, La Poética del Espacio, Fondo de Cultura Económica, México, 1965

(4) Jean Paul Sartre, Lo Imaginario, Iberoamericana, Buenos Aires, 1948.

(5) Juan B. Andrade, Obra inédita.

(6) Xosé Neira Vilas, Memorias de un Neno Labrego, Edicións do Castro. 8ª. A Coruña, 1979.

(7) Antonio Fraguas, Geografía de Galicia, Porto y Cia., Santiago de Compostela, 1953.

(8) Vilas, Xente no Rodicio. 1965; Camiño Bretemoso, 1967; A muller de Ferro Galaxia, Vigo.

(9) Lucien Goldinan, lntroducción a los primeros escritos de Georg Lukacs. Edhasa. Barcelona. 1971.

(10) Félix Martínez Bonati, La Estructura de la Obra literaria, Seix Barras, Barcelona. 1972.

(11) Ferdinand de Saussure, Curso de Linguística„ Geral, Editora Cultrix, Sao Paulo, 1974.