Centro de Documentación da AELG
Neira Vilas: o compromiso dun escritor galego
6 de agosto de 1990
N.C.
Autores/as relacionados/as:
Fonte: Diario 16

Neira Vilas: o compromiso dun escritor galego
Suliña a importancia do papel que xogaron os emigantes en América no apoio a Galicia

Xosé Neira Vilas está a pasar unha tempada en Galicia coa súa dona, Anisia Miranda. Os dous escritores residen no Instituto Galego da Información en Santiago de Compostela, facéndolle compañía o seu amigo na emigración, Isaac Díaz Pardo. Nas súas vacacións, Neira Vilas adícase a dar conferencias nas vilas e cidades galegas, colaboura nalgúns medios de comunicación e aproveita para recoller datos dos temas nos que traballa actualmente e adianta no transcurso da entrevista. A parella voltará á capital cubana en dous meses, onde manifestan que se sinten plenamente integrados.

No ano 49, Xosé Neira Vilas atravesou o Atlántico e pasou a formar parte daquela pleiade de persoeiros que definiron
dende a emigración nos lonxanos paises americáns a persoalidade da Galicia moderna, ó través da reflexión e o sacrificio intelectual e material.
No ano 72, cando voltou a Galicia por vez primeira dende a súa marcha, Neira Vilas, un dos clásicos da literatura galega,
atopou unha terra na que xa se facían cultivos selectivos no agro, onde había centros escolares e na que os rapaces estaban mellor mantidos.
«Atopei- nembergantes -remarca o escritor- unhas estructuras fundamentáis sin modificar, sobre todo no rural. Atopei emigración. Era moi lamentabel a inadaptación dos emigrantes a Europa, que sufriron un aillamento que non tivemos os que chegamos a América»..
Non son as únicas pegas que Neira Vilas atopa no presente da súa terra natal. O novelista de «Vila de Cruces» pon un xesto de tristura cando comenta o negativo tratamento que se lle da en Galicia a ecoloxía, que troca despois nunha mueca de rabia e impotencia o se referir a escandalosa e salvaxe especulación.
O autor de «Cartas a Lelo» amosa a súa satisfacción pola presencia do galego na escola que «prestixia a dimensión espiritual do pobo galego», ainda que considera que «habería que traballar máis neste eido, e non só ensinar galego, senon ensinar en galego, sempre sin marxinar a lingua do Estado». Loitador encanecido pola dignificación da cultura galega, Neira Vilas ve con optimismo o futuro da escrita en Galicia, porque «literariamente, hai valores novos moi valiosos que contribuirán a recuperación da nosa identidade como pobo»..

-É posible, pero non manteñen a postura de bloque diante dos problemas máis graves que afectan a Galicia, como parecía norma no colectivo ó que vos tede pertenecía. Esa imaxe de piña ¿é real ou é un efecto da lonxanía no tempo?.

-É unha imaxe verdadeira. Non sei si os nosos intelectuais xóvenes se reunen para dialogar sobre os problemas de Galicia e artellar solucións, pero no noso caso si o faciamos. Nas nosas discusións había paixón, as veces aumentada pola morriña que sentiamos. Aínda que as veces idealizabamos algunhas cousas, mantiñamonos informados da realidade galega. Tiñamos- incluso máis información que os que estaban aqui. Celebrabamos seminarios onde se estudiaban os problemas sociais, económicos e culturais galegos.
«Neste senso -continúa a dicir Neira Vilas- víamos que o meirande obstáculo era o sistema. Tiñamos fe en que algún día chegara a democracia, e tamén pensabamos que habería unha explotación galega dos recursos. Unha parte deses desexos ainda non son realidade» .

-Na emigración teorizouse moito sobre os problemas de Galicia, pero ¿cales foron as aportacións máis improtantes que fiexeron na práctica?.

A emigración a América supuxo un pulmón pra Galicia territorial. De ala viñeron estatútos pra sindicatos, centos de escolas, a maioría láicas. En América cantouse por primeira vez o himno galego, foi o 20 de nadal de 1907. Alí nacen a Real Academia Galega e publicou Cabanillas o máis importante da súa obra. Os emigrantes axudaron a Rosalía, Murguía e a súa filla. No Concello de Viveiro, no ano 19 non había un só analfabeto gracias ós emigrantes.

 «Era lamentabel a inadaptación dos emigrantes en Europa, que sufriron un aillamento que non tivemos os que chegamos a América»

-¿Soupo agradecer Galicia toda esa axuda chegada do exterior?.

«Non o sei, pero si se soupo seguir pedindo. O que emigra, mátano, esquéceno... Nembargantes, hoxe non se pode pensar nun inventario do noso patrimonio sin ter en conta a quinta provincia».

-Obras súas como « Memorias dun neno labrego» ou «Cartas a Lelo» forman parte da literatura clásica universal. ¿Que se sinte ó entrar nese olimpo?.
-

Nada especial. Mais responsabilidade cada vez. Penso nos meus lectores e non podo defraudalos. Sinto tamén unha gran satifacción, non unha satisfacción persoal, senón como galego. «Memorias dun neno labrego» está traducido ó alemán  nunha colección e literatura selecta. E o primeiro libro da literatura do estado que se publica nesa editorial de Leipzig. Iso faime sentir esa grande satisfacción como galego, porque penso que é moi importante para Galicia.

-¿Non lle resulta complicado escribir en galego nun lugar onde ningúen fala galego?.

-Escribir en galego na Habana, onde ninguén o fala é difícil, pero estimulante. E todo un sentimento. É como gardar un tesouro, algo como o que lle pasa ó avaro, gozo cando acaricio unha palabra galega.

«E satisfactorio ve-lo ensino da língua galega nas escolas. Non só habería que ensina-lo galego, senon ensinar en galego»


-¿Que está a facer na actua lidade?.

Na Habana escribo, en duas revistas pra nenos: «Zunzun» e «Bijirita» fundadas pola miña muller, Anisia, que tamén é Pila de galegos. A primeira é unha revista proxectada para os nenos de primeiro á carto grado, da que se publican 250.000 exemplares. A segunda está feita para preescolar e segundo grado, dela publicanse 300.000 exemplares.
Na Habana recibo moitas cartas de nenos galegos -manifesta o escritor de «Aqueles anos do Moncho»- ás veces mesmo de cursos completos dun colexio. Dinme de todo. Hai rapaces que reescribiron capítulos completos de «Memorias dun neno labrego», outros mandanme debuxos inspirados no libro. Son moitas as cartas que recibo, as veces tardo en contesta-las, pero as dos nenos contéstoas sempre puntual, porque penso que si tardo, xa non será o mesmo neno o que a reciba.».

Neira Vilas está a traballar na actualidade nun libro de narración para nenos, «aínda teño que rematar outro sobre tres guerrilleiros antifranquistas que tiveron relación con Cuba. Ademáis penso facer un traballo sobre a presencia do pinto Arturo Souto en Cuba.
Respecto, á situación de crise Cuba-España, Neira Vilas asegura que a xente en España está desinformada sobre o que sucede na illa. Opina que o réxime_ de Castro está forte e manterase, porque os cubanos o queren: «a maioría da xente aínda lembra o miserento estado do país no réxime anterior, a revolución cubana é recente.