O escritor Xosé Neira Vilas nacen na pequena aldea de Gres, pertencente ó Concello de Vila de Cruces, o 3 de novembro de 1928. Cando contaba con vinte anos emigrou a Buenos Aires, cidade na cal estivo en contacto con importantes personalidades da cultura galega, e no ano 1961 pasa de Arxentina a Cuba. a súa obra máis coñecida Memorias dun Neno Labrego é o relato galego máis lido de tódolos tempos, supera a decimoquinta edición e foi traducido a varios idiomas.
Memorias dun neno labrego publicouse hai agora trinta e cinco anos en Buenos Aires. Catro anosatras publicarase tamén na capital da Arxentina Non agardei por ninguén do tamén dezao Ramón de Valenzuela. ¿Que lembra de todo aquilo?
Memorias dun neno labrego foi publicado co selo editorial dunha organización que fundamos Anisia, que é a miña muller, e eu en 1957. Publicamos varios libros naquela modesta editorial que tiña como propósito difundir o libro galego en América. No ano 1960 publiques o meu primeiro libro, un libro de versos, titulado Dende lonxe, e logo no ano 1961 publiquei Memorias dun neno labrego, que escribín durante o segundo semestre de 1960. Nel pretendía contar como era a vida nos anos corenta dun rapaz labrego de doce ou trece anos nunha aldea de Galicia, concretamente da mifia comarca. Non é que o libro sexi autobiográfico, non, pero si parto dun escenario concreto e dunha época concreta.
O libro foi moi ben acollido na «emigración» e daquela tamén se mandaron a Galicia uns centos de exemplares que foron divulgados e moi ben acollidos. Foi estimulante para min o eco daquel libro que tivo como primeiro lector a Rafael Dieste. Logo Seoane interesouse moito tamén por el e fixo un debuxo para a cuberta daquela primeira edición.
Foi naqueles anos tamén cando Ramón de Valenzuela, o noso case veciño, publicou en Arxentina Non agardei por ninguén, que se editou na editorial Citania que dirixía e fundara Luís Seoane. O libro, como é sabido, narra unha peripecia vivida por el durante a guerra civil. En Buenos Aires, Ramón, que foi moi bo amigo, axudaba ó grupo de «Mocedades Galeguistas» dando conferencias e charlas sobre a súa experiencia.
Vostede dixo recentemente que a súa emigración non lle supuxo a perda de contacto co país galego senón todo o contrario, un achegamento profundo. ¿Cal foi o mecanismo que desenvolveu este achegamento?
Cando un emigra comeza primeiro por recordar o que deixou.Logo eu tiven a sorte de aterrar en Buenos Aires no ano corenta e nove. A década dos cincuenta tivo alí unha importancia enorme para a cultura galega. Alí estiven en contacto e axudáronme a descubrir e a coñecer o meu país figuras e amigos como Rafael Dieste, Luís Seoane, Eduardo Blanco Amor, Suárez Picallo, Lorenzo Varela, Ramón de Valenzuela, etc. O maxisterio de todos eles e as actividades conxuntas tiveron unha importancia enorme para que eu fora coñecer de Galicia o que non coñecera aquí. En souben , cando emigrei Os vinte anos, de Galicia, da súa historia, da súa identidade cultural, da súa trascendencia e da súa ubicación en Buenos Aires, polo tanto afirmei alí miña dentidade como galego. O idioma foi un elemento principal, esencial, vehículo da nosa cultura. Con todo isto coincidiu a miña latente, xa dende rapaz, vocación para escribir. Empezo a publicar traballos en galego, en prosa e verso, en publicacións galegas de Buenos Aires, de maneira que aí conflúen o meu coñecemento de Galicia coa confirmación e co abrollar da miña vocación.
¿Como fixestes a selección das poesías?
Dado o grande número de poesías participantes e ante a imposibilidade de que os membros do xurado as poidesen ler todas, entre os membros das asociacións e eu fixemos unha primeira selección e despois entre as mellores foron seleccionadas polo xurado os 9 gañadores.
¿Quen eran os membros do xurado?
A parte dos presidentes das asociacións e eu, que botamos unha pequena man contabamos cun escritor de Agolada, Xosé Vazquez Pintor e a licenciada en Literatura Galega, Mª Fe Núñez, ós cales Ile queremos agradeder a súa axuda para a elección das poesías gañadoras e a súa presencia para a entrega de premios, a pesares de que neses momentos tiñan ocupacións dabondo. Xosé Vazquez Pintor presentando o seu último libro, e Mª Fe preparándolles os exames finais para os seus discípulos. Dado que a filosofía que nos queriamos darlle o concurso, era de solidariedade, pre- tendemos que os premios fosen na mesma consonancia. Polo tanto non houbo premios en metálico senón que consistiron nunha placa conmemorativa para os tres gañadores de cada categoría. Estaban por idades, da seguinte forma: 1º Ata os 9 anos. 2º De 10 a 12 anos. 3° 13 e máis anos. Cando pensamos en face-lo concurso decidimos deixar o tema libre, pois creiamos que era o mellor sobre todo para os máis pequenos, dandolle así un pouco máis de liberdade de traballo nun campo, a poesía, no cal unha boa parte deles non están demasiado experimentados. A pesar disto a inmensa maioría das poesías foron adicadas a Bosnia, as súas xentes e os seus problemas. Quinientas poesías, e a sensación tan positiva de nenos e profesores que recibimos a través dos seus comentarios en forma de preocupación polas xentes as que vai adicado o certame. Con Laxeiro en Buenos Aires, ¿Como foi aquel encontro? Laxeiro chegou alá no ano 51 en representación dunha exposición colectiva de pintura e arte galega que patrocinaba o Centro Galego de Buenos Aires. Alí coñecímonos e vímonos moito, e recordabamos a Galicia deixada. Eu fun ás súas exposicións, case sempre na galería Velázquez. En Buenos Aires coincidimos con amigos comúns como Rafael Dieste ou Seoane. Nos encontros que tivemos, Laxeiro recordábanos a súa infancia en Cuba, onde empezou a debuxar e a pintar na escola nocturna que tiña o Centro Galego na Habana. Veño publicando dende setembro de 1992 unha serie no xornal Faro de Vigo co título xenérico de Memoria da emigración, en total unhas 122 crónicas. Isto publicouse xa tamén en libro, os primeiros 40 artigos aparecen nun libro de Edicións do Castro titulado Memoria da emigración I e logo meses despois publicouse a segunda parte que contén outros 40 artigos e agora vai saír pronto a terceira parte, que coa primeira e segunda totalizan unhas 1.100 páxinas con máis de 300 ilustracións.
Quero agradecer así mesmo a Xosé V. P. as súas palabras de alento a nosa idea, e os seus ánimos para seguir con estas iniciativas, recordando textualemente unhas verbas que el dixo o final da entrega de premios: «Emocioneime especialmente cando pola mañá o ler o periódico, puiden comprobar que o lado de tódalas fastas gastronómicas (que non quero criticar), no meu concello de Agolada eramos capaces de pensar algo máis e facer algo realmente distinto e bastante máis que unha festa de comer, acordarnos no me- dio de tanta fartura, dos máis necesitados».
Cunhas verbas semellantes e de unha persoa como X.V.P. un anímase un pouco máis.
¿En que consistiron os premios?
¿Como estaban distribuidas estas categorías?
O tema, ¿era libre ou tiña que ser algún determinado?
Dous días antes de saír para Cuba estivemos nunha cea onde estaba el, Valenzuela, Seoane, Dieste, Díaz Pardo e outras importantes figuras da cultura galega, e recordo que Laxeiro, na cabeceira da mesa, recitou unha poesía en idioma checo, -dixo el-, el non coñecía o checo pero era unha forma de humor que el facía con moita gracia. Laxeiro é un home cun gran sentido do humor, cun gran sentido da vida, e el con ese humor burlase un pouco deste mundo tolo e alleado en que vivimos. Laxeiro é esencialmente un home xeneroso, moi admirable, moi querido, un gran artista.
¿Cal é o obxetivo de Crónicas da emigración?
Este traballo sobre a emigración abarca aspectos que son actuais, vividos por min nos 43 anos de «América», pero tamén se tratan cousas que son intemporais ou doutra época anterior. O traballo abarca varios países como México, Venezuela, Paraguay, Estados Unidos, Brasil, Chile e fundamentalmente Arxentina e Cuba, países onde tivo gran peso a emigración galega e nos que en vivín.
O que pretendo con estas crónicas e revelar unha serie de feitos e mostrar unha serie de persoas dunha traxectoria cara a Galicia moi importante, porque a emigración a América tivo unha enorme importancia económica e cultural para Galicia. De América viñeron 300 escolas a Galicia, feitas polos emigrantes con soldos e materiais escolares pagados desde alí. A Galicia viñeron moitas casas novas, que ó longo e ancho de todo o noso país existen gracias á emigración. Casas novas, unhas dos anos 30 «de Arxentina», outras dos anos 20 «de Cuba», outras actuais da emigración a Europa (Suiza, Alemania, etc.). Case se podía facer unha periodización da historia social de Galicia a partir das casas.
Moita xente en Galicia puido ir, en diferentes épocas, a Universidade gracias á emigración, á que os pais emigraron. Coa emigración en Galicia tamén se fixeron pontes, camiños, centros sanitarios, fontes públicas, arranxáronse igrexas...
De América viñeron símbolos como o himno galego, a bandeira galega, a Academia Galega que naceu alí. Publicáronse libros fundamentais da cultura galega, Follas novas de Rosalía, Sempre en Galicia de Castelao, A esmorga de E. Blanco Amor, etc. En América publicouse tamén unha revista escrita en galego nunha época tan distante como o 1875, de maneira que hai moitos feitos, e moi importantes, que gravitaron sobre Galicia en América. Con isto non é que esteamos eloxiando ou apoiando á emigración, senón que estamos en contra da emigración, pero xa que iso ocorreu, é interesante que se saiba en Galicia que nos deixou, que houbo, como trascendeu esa emigración, como de rebote inflúe en Galicia.