Entrevista a... XOSÉ NEIRA VtLAS
Feita por: Mercedes Paula.
- Que significou para vocé ter sido secretário geral das Mocedades Galeguistas de Bos Aires?.
- Fundamos as Mocedades Galeguistas de Bos Aires en Agosto de 1953 -ha¡ 40 anosEramos un grupo de mozos emigrados galegos e algúns estudantes arxentinos fillos de galegos- Para todos nos significaba loitar por Galiza, e dicir, estudar a súa historia, a súa cultura, a súa lingua, a súa economía. Difundir entre paisanos e alleos os valores históricos e os dereitos nacionais do noso País, e enfrentarnos a toda incomprensión, a calquera burla ou marxinación que poidera xurdir respeto da. nosa comunidade. Para min en particular significaba redondear a toma de conciencia de Galicia, completar ese fervor que nacera en ruin a partir da ausencia, da lonxanía e de contactos iniciais con militantes galeguistas da emigración, algúns deles provintes da Sociedade Nazonalista Pondal. Daquela eu estudiaba todo canto se referise a Galicia, comenzaba a manter correspondencia en galego coa miña familia e trataba de transmitir o ideal patriótico galego a cantos me rodeaban no meu ámbito de traballo, etc.
- Vocé reside na actualidade em Cuba. Que opina sobre a actual situacom cubana?.
- E unha situación difícil debido ó bloqueo imposto polos Estados Unidos á Illa Queren asfixiar a Cuba. O bloqueo ten roáis de trinta anos pero foi endurecido nos últimos tempos. Con todo, a situación non e' desesperada. Os bens de consumo que se van conseguindo, de importación ou da propia produción repártense equitativamente, e a xente vai vivindo sin angurias. O peor problema é o do combustible pero vaise paliando No transporte de carga utilízase máis o ferrocarril: o transporte de pasaxeiros vense atenuando coa entrega á poboación de centos de miles de bicicletas: deixarón de utilizarse miles de tractores no campo e domestrcáronse centos de miles de parellas de bois. Enfréntanse os problemas non cruzando os brazos senón inventando, creando, buscando solucións dentro do pais. O dito é unha mostra que poderla ampliarse a outros sectores. O que está claro é que polas malas, con cercos e opresións ninguén vai vencer a Cuba. Canto máis o acosen máis unido estará o poyo cubano, canto máis o agredan, máis medrará a súa dignidade. É un pobo invencible. laborioso, alegre, creador. Resistiu trintedous anos e está política e moralmente preparado para seguir resistindo. É un Monte Medulio no Caribe.
- Que futuro cré que devem a seguir as forjas progressistas da Galiza?.
- Un futuro de unidade, de cohesión. Deben coñecer as carencias do pobo e loitar para suplilas. Para que haxa unha verdadeira xusticia social. Para borrar as desigualdades que van da ofensiva ostentación á pobreza. Deben fazer que ninguén padeza desamparo. No orde cultural, deben utilizar a lingua do país, en publico e en privado, e levar esa conciencia e ese hábito os fillos Deben traballar polo rescate da identidade de Galicia. Pola preservación do noso medio ambiente. Pola protección dos nosos recursos naturais. Imbuirse de patriotismo auténtico, verdadeiro e non de cartel, sin estridencia pero con firmeza e fonda convicción. Se amamos a Galicia debemos vivir para ela e non pretender facelo á conta dela.
- Como está a situaçom psiquiátrica em Cuba?.
- O sistema de atención psiquiátrica, ata onde eu coñezo, é un dos mellores do mundo. O máis humanizado e aplicando os medios máis modernos de curación. O Hospital psiquiátrico da Habana é visitado por moita xente do mundo enteiro, e no mesmo estilo está a atención no reto do país. Os enfermos teñen todos os medios de tratamento ó seu alcance, agarimo e recursos científicos. Teñen um campo moi amplo e cultivan flores, teñen unha banda de música, teñen talleres literarios
• medios para dibuxar e pintar, cada qen de acordo coas súas aficións Dispoñen de todos os medios para levar adiante as vocacións respectivas, e a práctica do debuxo, por exemplo, sirve tamén para establecer diagnósticos e comprobar a evolución de cada paciente. Practican deportes. Os que pintan ou dibuxan fan exposicións colectivas en salas de arte. Teñen un coro, un grupo de danza, etc,.
- Que opina da actual cultura galega?.
- Penso que se ven facendo moito nos últimos tempos, esto é innegable, pero queda mosto por facer. E non todo se pode agerdar das institucións oficiais. Debe haber máis iniciativa nas asociacións de veciños, nos grupos de estudiantes, nos barrios, nas aldeas, pódese facer moito sen agardar para calquer rnovimento, para calquera realización o biberón das subvencións. Compre ter maxinación e poñerse a traballar. Esto, no campo das iniciativas que están ó nivel de calquera e so require poñerse a traballar. Noutro orde de cousas e sen pretender pecharse as correntes do mundo, debe velarse máis porque se potencien os valores máis auténticos da nosa cultura verdadeira. Estar vixiantes para que non apareza o gato en vez de lebre. Procurar a raíz de Galicia en todo o que facemos. Coidarnos da standerización alleante, falsa. Partir do pobo, mais sen exercer o populismo. E loitar sobre todo, sen acougo, pola ampliación do uso da nosa lingua como medio esencial de transmitir, sexa en forma oral ou escrita, valores culturais nosos.
- Qual é a situacom dos emigrantes galegos em Cuba?.
- A emigración galega a Cuba é moi vella. Findou hacia 1930. Os emigrantes que van quedando son todos moi vellos. Alí ninguén é en absoluto discriminado. A situación é a mesma do resto da poboación. Sofren as consecuencias do bloqueo ianqui nete momento pero, igual que ocorre con todos os cubanos, ninguén está desamparado. Teñen as súas xubilacións, etc. E vanse arreglando. Polo que vou sabendo, a situación deses emigrantes é en xeral mellor que as dos que están xubilados na Arxentina, por exemplo, e que a inflación galopante reduciulles dramáticamente o nivel de vida. En Cuba, onde non has pobres nen ricos, o emigrante ten conciencia clara de que vive co resto do pobo e como o resto do pobo, do que xa forma parte por integración real, afectiva, familiar.