O vindeiro 17 ingresa na Académia Xosé Neira Vilas. Regresado de Cubahai uns anos, acariña na súa aldea natal de Gres, xunto a súa compañeira Amisia Miranda, a realidade dun proxectode difusión da cultura, desde a fundación que leva o seu nome. Unha biblioteca con máis de 9000 volumes, un pequeno museu etnografico e un auditorio, seve para irradiar cultura nunha bisbarra que ama ao criador de Memorias dun neno labrego.
- Hai varios anos que regresou de Cuba, que representou esta nova vida despois de tanto tempo na emigración?
- Vivin doce anos na Arxentina e trinteun en Cuba. Corenta e tres anos é moito tempo e no comezo resulta difícil a reinserción. Desde 1972 vin aquí unhas catorce veces, con Anísia, e entres esas viaxes e máis o contacto permanente con amigos, parentes, colegas, e a relación epistolar con editoriais e institucións culturais, estaba informado sobre o acontecer do país. Por outra banda, desde que "descubrin" Galiza, no comezo da década dos cincuenta, en Buenos Aires, en contacto con grandes mestres da nosa cultura (Seoane, Dieste, Lorenzo Varela, Alonso Ríos, Suárez Picarlo,...), desenvolvin un constante activismo, que podo denominar patriótico. ao longo de catre décadas. Parafraseando a Castelao vivin "Sempre en Galiza". Cando se vive tantos anos lonxe xa un non é dun so lugar. Eu son esencialmente galego, pero tamén son algo arxentino e bastante cubano.
En 1992 Anísia e eu, xa xubilados ambos, radicámonos aqui, onde seguimos traballando. Nos primeiros anos visitamos dúcias de escolas e institutos, e mantivemos coloquios con milleiros de estudiantes. Era unha boa maneira de pulsar o país. Ademais, conferencias, congresos, xornalismo, creación literária. Comparto a idea de Chaplin de que o traballo é a mellor medicina para orientar a existencia... cande é un trabailo que nos agrada. Nos últimos tempos temos unha ocupación adicional: atender o Centro Cultural de Gres, o único do seu tipo en toda Galiza no rural. Ainda que so fose polos nenos e as nenas que veñen á bibliotea xa estaría xustificada esta dedicación.
- Publica nestes anos algunha obra de criación e, sobretodo, materiais xornalísticos sobre a emigración. Como influiu na sua obra criativa o regreso?
- Alterno a criación literária co trabailo testemuñal, xornalístico, principalmente tratando de revelar aspectos, feitos e personaxes singulares da nosa diáspora. Nas catro décadas que estiven fóra adiqueime a investigar a nosa preséncia en América. O regreso non influiu maiormente no meu labor. Duero dicer, proxectos que comecei en América seguimos ou sígoos aqui. De todos xeitos, ó innegábel que o contacto cotiá coa xente do país, o dia a dia, pode cambiar alguns enfoques, incidir sobre certos matices á hora de escreber.
- Memorias dun neno labrego segue a ser un dos grandes éxitos de venda do libro galego. O libro recrea a vida na aldea, como variou esa vida hoxe? Á luz da actualidade pódese comprender mesma maneira aquel traballo? Que din os nenos de hoxe cando dialoga sobre a obra con eles?
- Os rapaces de hoxe viven de xelto mol distinto aos dos anos corenta, poño por caso. Pero as veces sorpréndeme atopar ainda nas nosas aldeas alguns Balbinos, alguns Lelos... mellor alimentados, mellor vestidos, con asisténcia médica, con auga corrente na casa, asistindo a mellores escolas, pero perduran certos signos, cenas claves, certos costumes, certa maneira de ver a vida. Moitos rapaces de arestora seguen identificándose co que acontece nas "Memórías" e coas suas personaxes. Comprobámolo nas escolas que visitamos, e poida que non so os rapaces senón tamén os adultos que viviron a mesma peripécia do Balbino. O curioso é que corenta anos despois da primeira edición este libriño segue editándose e vendéndose. Isto pertence ao que poderiamos chamarlle socioloxia da literatura. Como autor non podo dicer máis nada.
- Como valora a situación da literatura galega por unha banda e do libro galego por outra? Cre que pode sobrevivir ben á presión dominante do castelán?
- Coido que a nosa literatura vive un momento de esplendor (dite sexa sen chauvinismo) sobre todo a narrativa. En canto ao libro publícase moito máis do que se vende e do que se le. Contado, pouco a pouco, estimo que se vai mellorando apartir da preséncia ainda escasa, do galego no ensino. Na biblioteca pública de Grees vemos que os adolescentes peden aquí alguns libros para facer traballos escolares e logo veñen pedindo máis; quedan como leitores aditos á língua que Talan. Isto é so anécdota, pero resulta sintomático. Os rapaces len moito nesta comarca, e len en galego porque arredor do noventa por cento do poso fondo bibliográfico está en galego; vanse dando pasos. Edesexábel que isto vaia a máis. Son optimista. A pesares dos atrancos diveros, e dos prexuizos e de que estamos perdendo Talantes, e da presencia do castelán, a nosa língua seguirá adiante, sobrevivirá.
Quilómetros para ler
- Puxeron en marcha a Fundación, cal é o balance destes anos e que plans de futuro teñen?
- Criamos o Centro Cultural de Gres e brindamos un servizo que vai tendo os seus froitos. Era unha necesidade se temos en conta que en moitos quilómetros non ha¡ nengunha casa de cultura. Temos unha biblioteca pública, que abre de luns a
sábado, con 8600 volumes, e cunha sala de lectura para nenos e adolescentes e outra para adultos; contamos cun museu etnográfico, cunhas 240 pezas e trebellos da comarca, e unha sala de concertos e exposicións nas que se oferecen actividades culturais moi diversas. Inicialmente, o principal era a biblioteca, á que concorren cada dia máis leitores, sobre todo rapazas e rapaces, que fan aquí os seus deberes escolares e levan libros para a casa. Veñen dende 7, 10 e máis quilómetros. Veñen ás veces en grupos, a pé ou en bicicleta. Non ¡les poñemos límite de tempo para devolvelos nen de cantidade de obras. Criamos a nivel de toda Galiza o Prémio Estornela de teatro destinado aos nenos, e o Prémío de Poesía Arume, para poetas que escreban con destino a nenos e nenas. Houbo ampla participación. Seguiremos alternando cada ano ambos Prémíos. Ternos outros proxectos que irán madurecendo. Imaxinación non nos falta. Tiñamos algunhas dúbidas no comezo, pero Anísia atendeu persoalmente a Biblioteca os primeiros dezaoito meses e logrou interesar aos pequenos leitores que hoxe veñen case a diápio. Aqueles primeiros e moitos máis.
- Oleiros está cheo de Bibliotecas públicas, vostede e Anísla tamén Instalaron aquí unha Biblioteca como eixo.
- Ambas experiéncias están im de Cuba, a gratuidade, o acceso de todos á cultura, estes centros como eixo da vida social. Cuba ten moito que ensinarlle ao mundo.
- O seu trabailo dirixiuse moitas veces aos nenos, mesmo nas experiéncias cubanas, cal é a recepción que teñen? Cal é a conexión cos máis novos e que se precisa nunha civilización marcada pola cultura urbana e televisiva?
- Eu publicara en Buenos Aires Memorias dun peno labrego (que non é un libro para nenos, ainda que é un neno o protagonista) pero foi en Cuba onde me acheguei ao mundo infantil, influído por Anísia, que dedicou case todo o seu amplo facer literário a nenas e nenos. Ela foi coordenadora nacional de edicións de libros para nenos e máis tarde foi cofundadora e xefa de'redacción das revistas Zunzún e Bijirita. Escrebin daquela vários libros para os nenos galegos. Pases en 1983 a traballar como xefe de redacción de Zunzún (nun momento en que Anísia prefería ser só redactora) e escribin algo tamén para os nenos cubanos. Foi unha fermosa experiéncia. Anísia tivo un camiño á inversa, ou sexa que puxo en galego vários dos seus libros editados en Cuba, e tiveron moi boa acollida entre rapazas e rapaces de Galiza. Traballar cos nenos e para os nenos é moi gratificante. Calquera tema vale, sempre que se trate axeitadamente e se deixe de ter aos cativos como "tofos ananos". Á nena ou ao neno que Ile gosta ler non ¡le estorba a televisión como médio, nen importa demasiado se vive no rural ou nunha cidade. Certo que has uns temas máis atractivos que outros, de acordo co mundo no que o neno se mova, pero basicamente o que se require é calidade, tenrura e respeito polo pequeno leitor.
- A Académia ideouse en Cuba e a entrada na Academia o próximo dia 17 enlaza na sua persoa, outravolta, a Cuba e a Galiza? Cal vas ser o discurso de ingreso?
- Certamente o meu ingreso na Académia tráeme a evocación de Cuba, onde se fundou, en 1905, a Asociación Iniciadora, por iniciativa do emigrante ferrolán Xosé Fontenla e co apoio de Curros Enríquez, que presidiu a primeira directiva. Moitos paisanos foron sensíbeis ante o feito e asociáronse. Dende a Habana, sostívose economicamente a Academia durante moitos anos. Anísia e eu entregamos nun acto presidido por Fernández del Riego, o ano pasado, os orixianais de 135 cartas que documentan ese vencello entre Galiza e Cuba, coas firmas de Murguía, Carré Aldao, Fontenla Leal, Curros, Vilar Ponte, Salvador Golpe.... Esas cartas foron incluidas no meu libro Manuel Murguía e os galegos da Habana (Ediciós do Castro)
- Ainda que o debate se produza antes da sua entrada, a Académia pode decidir nestes días sobre un novo consenso normativo. Ten unha posición definida a ese respeito?
.- Non coñezo o texto do proxecto da nova normativa, e polo tanto non podo opinar sobre o tema. O consenso era necesário. Debemos todos marchar polo mesmo vieiro, sen gurras, sen discrepáncias, pois trátase de algo tan importante como é a fala do noso poyo. Na Galiza abundan os filólogos e o sentido comun para chegar a un acordo válido para todos. Talvez requira un debate máis amplo, o que demoraria un algo a sua implantación. Non se¡. Mentres se discuta, e se analice e se debata quer dicer que a língua está viva.
Un Museu para a emigración
- Segue a manter un vínculo especial coa divulgación da emigración e o exilio galegos. Ten (alado dun Museu da Emigración, como concebe ese proxecto?
- Hai un museu da emigración en Asturies e outro nas Canárias. É impostergábel criar o noso. Estimo que nel ten que haber un fondo documental, referéncias, estatísticas, libros e publicacións periódicas feitas na diáspora, baules e maletas, maquetas de barcos, pasaportes... para que enumerar todo o que poderia ocupar tal museu? É moito o que pode e debe conter. Sobre que poñer nel. O que importa agora é botalo a andar. Estamos en débeda cos emigrantes, que fixeron
unha obra que forma parte da nosa história. De América, como é sabido, chegounbos o Himno, a bandeira, A Academia, trescentas escolas esperexidas na xeografia de Galiza entre 1904 e 1930, e moitas cousas máis. As novas xeracións deben coñecer todo isto. Persoalmente, ademais de teimar coa idea do museu, vou contando todo o que vivin e investigues nas catro décadas de transterrado. Pougiño a pouco, modestamente, pero tratando de que feitos de verdadeira transcendéncia, que nalgun momento repercutiron na Galiza territorial, que non queden no esquezo. Cómpre resgatar a nosa memória histórica, en todas as ordes, e unha dimensión non pequena é a da emigración.