Entrevista... con Neira Vilas e Anisia Miranda
¿Quen non coñece o pai de Balbino, aquel rapaciño de "Memorias dun neno labrego ", o libro máis lido na Galicia da postguerra? Xosé Neira Vilas marcha da súa aldea de Gres (Vila de Cruces, Pontevedra) con destino a Buenos Aires no 49, cando só tiña 21 anos. Alí coñece á súa muller, Anisia Miranda, tamén escritora, nada en Cuba de pais ourensáns. IRIMIA coñeceunos na súa parroquia de Gres co motivo da Romaxe de Ponteledesma, en 1984, na que participaron con ilusión. Dende aquela son os nosos amigos. Residentes na Habana, pasan uns meses en Galicia.
- ¿Que foi o que impulsou a Neira Vilas a emigrar?
- Houbo máis dun factor. Daquela emigraban moitos; na Arxentina a situación era mellor ca aquí. Eu traballaba nunha oficina dun aserradeiro de Gres e intentara procurar traballo nontras cidades galegas para poder estudiará noite. Non foi posible atopar nada e decidín que a mellor vía era a emigración. Polo tanto, foi fundamental o desexo de formarme o que me impulsou a emigrar.
En Arxentina
- Había un importante clima cultural en Buenos Aires. ¿pode falarnos desta experiencia?
- NV. Si, alí vivían Blanco Amor, Dieste, Valenzuela, Vilanova, Baltar, etc. A Cuba non ían exiliados españois, porque a illa estaba baixo a dictadura de Machado e logo de Batista, así que o exilio dirixiuse maioritariamente a México e a Arxentina. E veu moi ben, porque a industria editorial destes países medrou gracias os exiliados. Pero non todos eran exiliados. Blanco Amor, o musicólogo Emilio Pita, o periodista A. Parada, etc, son emigrantes que xa desenvolvían unha actividade importante, que se reforza cos exiliados. Creáronse concursos literarios e moitas outras cousas, coma a revista Galicia emigrante, que fundou Luís Seoane.
- Anisia e vostede fundan "Follas Novas", organismo difusor do libro galego en América.
-NV. Casamos en febreiro do 57 e o 15 de xullo dese ano, por se-lo aniversario da morte de Rosalía, fundamos Follas Novas, que radicaba no salón da nosa casa convertido en biblioteca. A difusión do libro galego era o labor principal. Recolliamos todo o que se publicaba en galego no mundo, tiñamos varias exposicións permanentes, emisións radiofónicas. Todo isto axudou a moita xente, particularmente os rapaces. Tamén creamos unha modesta editorial que só publicou 5 libros e alí aparece o primeiro libro de Anisia de poesías -Esta es Cuba, hermano- e mailo libro meu, tamén de poesía: Dende lonxe. Tamén alí se publica Memorias dun neno labrego, con tapas de Luís Seoane.
- ¿E a actividade política? Vostede, Neira, funda no 53 as Mocidades Galeguistas con Antón Santamarina e con Delgado e Moreda.
- NV. Non foi inspirada por aquel movemento intelectual, senón polos galeguistas emigrados fundamentalmente. No acto de apertura falaron exiliados coma Antón Alonso Ríos, deputado agrarista, e Ramón Suárez Picallo, deputado polo Partido Galeguista. Cultura e política están unidas, así que tratabamos de restaura-la personalidade de Galicia. Estabamos en estreita relación con cataláns e vascos e creouse Galeuzka aove en 1954.
E nisto chegou Fidel
- No 59 triunfa a revolución cubana, derrocando ó dictador Batista, que tomara o poder tralo golpe de Estado do 52. Vostedes van a vivir a Cuba no 61. ¿Que impresión tiveron á súa chegada?
- NV. En primeiro lugar, se non houbese unha revolución non friamos a Cuba. Chegamos en xullo. Vivíase unha grande alegría e fervor, nunha disposición de levar adiante todo aquilo, a pesar da inexperiencia.
- AM. En Buenos Aires tiñámola vida propia, casa de noso, traballo. Pero falamos con algúns cubanos e decidimos facer esa experiencia. Eu lera libros marxistas, pero non os entendía ata chegar alí e velo na práctica. Vímo-lo reparto das tercas os campesiños, a rebaixa dos alugueiros. Eu ata os 9 anos non puidera ir á escola, porque vivía no campo e so había escola nas cidades. O feito de ver que no campo onde me criei había xa unha escola era para min incrible.
- Vostede, Anisia, aínda que é fundamentalmente coñecida por escribir libros para nenos e coma colaboradora en dúas revistas infantís -Bijavista e Zunzún- reflicte nas Búas obras a preocupación polos pobos oprimidos. Estivo no Vietnan no 75, cando alí aínda non se realizaran as primeiras eleccións libres, e da súa experiencia saíron tres libros.
- AM. Si, xa colaborara -aínda o fago- con guatemaltecos na Arxentina [Anisia é boa amiga de Rigoberta Menchú, premio Nobel da Paz], cando o golpe de Estado de Xacobo Arbens. O pobo cubano é moi solidario de sempre. Isto parte do noso heroe nacional da independencia cubana, José Martí, que afirma: "Patria é humanidade". Cando estalou a guerra do Vietnan, Che Gurevara fundou un comité de axuda e Malva Hernández, unha das mulleres que asaltou o cuartel de Moncada acadou a solidariedade de toda a illa. A min pedironme que dese a coñecer entre os nenos cubanos a situación vietnamita. Traballei 8 anos niso sen remuneración ningunha. Despois recibín o premio da Unión Nacional de Escritores, presidida por Nicolás Guillén, polo libro O Compay grilo, consistente na publicación do libro e unha viaxe a un país socialista. Escoll n Vietnan e alí estiven 30 días escribindo un libro para adultos.
Galicia en Cuba
- En Cuba, Neira Vilas organiza a Sección de Literatura e Lingüística que dirixe J. A. Portuondo.
- Fundouse no 69. 0 labor fundamental era a investigación da presencia galega en Cuba. Recopilámo-los libros galegos e catalogámolos. Logramos incluso que se ensinase lingua e literatura galegas en Leningrado e en Leizipg.
- Vostede, Neira, publicou varias novelas sobre o tema da emigración e unha específica "Tempo novo"- sobre os emigrantes galegos que viven a revolución cubana, amén de dúas obras de investigación: "Castelao en Cuba" e "A prensa galega de Cuba". ¿Como afectou ós emigrantes galegos a revolución? Este é un argumento que sempre se usa para ataca-lo réxime de Fidel.
- N.V. En todo país, e nun de emigración aínda máis, os ricos son moitisimos menos cos asalariados, cós pobres. Houbo algúns ricos que foron afectados pola revolución, pero, como digo precisamente no prólogo da novela Tempo novo, a revolución fíxoa o pobo cubano, non a fixeron nin ricos nin pobres. Hai que dicir que anque estes ricos discrepen filosoficamente da revolución, permanecen cn Cuba. Alí están e de alí non queren marchar. Os que tiñan casas de renda, comercios, industrias, o Estado valoróullelo e mercouno. Nalgúns casos os propietarios ofrecéronse porque tiñan problemas de financiación.
Isto afectou a todo o que tiña industrias e comercios. A les non repara en nacionalidades. (...). Había unha porcentaxe de
galegos rendistas que vivían das rendas que lles producían as casas que tiñan. Toda persoa que ingresase menos de 600 pesos (equivalente ó soldo dun ministro, 60 dólares) mantiña eses ingresos, pagados a través do Banco Nacional. Se ingresaba máis, perdíaos. Isto é vitalicio, non herdable, porque se supón que nun país onde todo o mundo ten estudios e sanidade gratis, ademais dun posto de traballo, non pode existir unha clase de rendistas.
O futuro da revolución
- ¿Cal é a actual situación económica e política de Cuba? Antes das eleccións estadounidenses o presidente Bush asinou a "lei Torricelli", incrementando o bloqueo da Illa.
- A.M. A pesar do bloqueo económico dos Estados Unidos, os productos básicos están garantidos, especialmente para nenos e anciáns. O que sucede é que desde a caída dos países chamados socialistas (que non o foron en realidade), o comercio que tiñamos con eles cesou, e nosoutros aínda non somos capaces de autoabastecernos.
- N.V. A moral do pobo cubano é moi alta, especialmente na mocidade. Hai unha gan cultura política, é un país moi informado e solidario. A xente sabe que todo o que hai se distribúe equitativamente.
- ¿E as liberdades? O réxime castrista vén sendo acusado de reprimilas
- N.V. Cuba é un país dunha liberdade total. Non hai pluripartidismo, pero si pluriparticipación. Hai partido único, porque ten un inimigo moi forte a 180 quilómetros. Ninguén ten interese en que haxa máis partidos porque recorda o corruptos que estaban antes da revolución. Pero fanse eleccións cada 30 meses por circunscricións ou barrios: os veciños propoñen 7 membros coma candidatos, expoñendo estes as súas biografías durante un mes para escolleten un por votación secreta e as urnas son gardadas por nenos. Estes delegados escollen delegados municipais, que á súa vez escollen os provinciais, e estes os deputados da Asemblea Nacional. Ninguén cobra un soldo por este traballo e abonda con 30 firmas dos vecinos para cambiar de delegado da circunscrición se non están contentos coa súa xestión.
A cuestión relixiosa
- Parece que medrou a "santería", a relixión traída polos escravos africanos, coma unha forma de refuxio ante o descontento.
- A.M. Non é que medrase. O santeiro sabía que non estaba ben visto pola sociedade e ocultábase. Unha vez que a les o protexeu, soubemos que moitos amigos nosos eran santeiros.
- N.V. En Cuba dáse o máximo respecto relixioso. Os únicos que non son legais son as Teste
muñas de Xehová, pero son respectados. Alí están protestantes, xudeus, santería, árabes, chineses... etc.
- A.M. A relixión católica non la nin vas polo campo; en cambio van os protestantes. A alta Igrexa católica é impopular, porque non axudou ás clases populares; pero si que hai movementos populares católicos moi importantes, coma o chamado Monseñor Oscar Arnulfo Romero, en homenaxe ó arcebispo que mataron no Salvador.
A nosa lingua
- Vostede, Neira, é coñecido fundamentalmente pola triloxía de ciclo rural galego "Memorias dun neno labrego", "Cartas a Lelo" e "Aqueles anos do Moncho"-, dunha poderosa riqueza léxica. En "Lar" (1972), nun anaco titulado "Lingua", lemos:"...no meu val fálase galego coma daquela (...), vellos e nenos, mulleres e honres, seguen fideles á lingua dos seus antergos (...), sinto coma se o tempo non tivese rolado e matino que, a pesares de tódalas doenzas non pode morrer un pobo así". 20 anos despois, ¿segue pensando así?
- N.V. Paréceme natural conserva-la lingua. En non aprendín castelán ata os 7 anos. A lingua que leves cando emigres estaba limitada pola vida de traballo na aldea.
Enriqueceuse a través da lectura. Pero, por exemplo, os pescadores emigrados das Mariñas que entrevistes para Galegos no golfo de México falan un galego case mellor có que se fala hoxe aquí, que está máis contaminado polo castelán.
- A.M. Nos atopamos moita xente que está aparentemente concienzada, pero que logo ¡les fala os fillos en castelán. Pero en toda a comarca do val do Ulla, os pais fálanlles en galego ós fillos.
- N.V. O problema é a transmisión xeracional. Hai unha erosión no galego, que estivo coidado durante séculos, illado, e só con' literatura oral, ten meirande risco agora, paradoxalmente, anque haxa galego no ensino, na literatura e nos medios de comunicación, porque a agresión do castelán é moito maior. Por outra parte, estase vendo que non é tan necesario o castelán para ascender socialmente. O futuro non se pode predicir...
Agradecémoslle a Xosé Neira e a Anisia Miranda o achegamento ós problemas da súa dobre patria. Afeitos a ser informados soamente por unha parte, resulta imprescindible escoitar tamén a outra voz. Que cadaquén vas establecendo os seus criterios.
Sara Paz Quiñones