Centro de Documentación da AELG
Xosé Neira Vilas
Autores/as relacionados/as:
Fonte: Revista Idea

Xosé Neira Vilas

1. Que pode aportar a literatura á educación? Que función educadora ten, se é que o ten, ó escritor ou escritora?
Moito. O escritor (ou escritora) ten unha responsabilidade ante a sociedade, como cidadán e como creador. Cando escribe en calisquer xénero que o faga, está formando, educando. Unha novela histórica, por exemplo, pode exudar decisivamente á interpretación da historia como complemento do texto académico.

2. Que lembranzas deixou en ti a escala? Algunha delas chegou ou pode chegar o ser literaria?
Si. De feito, no miña obra aparece moi seguido a escala da aldea, da miño aldea, como inevitable referencia. Por exemplo, nos novelas Memorias aun neno lobrego, Aqueles anos do Mancho, Querido Tomás...

3. Cales foron os teus heroes literarios no túa infancia e adolescencia? Coñecíchelos por medio do escala?
Era a miña unha escala cativa de tempos cativos (guerra, posguerra...). Quedáronme no lembranza algúns personaxes de Corazón (Amicis),'Viriato, Edmundo Dantés... Tiven noticia destes e moitos outros por medio da escala,

4, Se escribes algo que a xente nova tomen pode ler o teu trobollo como escritora precisou dolgunha situación diferente a cando escribes algo que sé poden gustar ou comprender os adultos?
Non establezo grandes fronteiras entre o que escribo para rapaces e o que escribo para adultos. Todo o que escribín para adultos pode ser comprendido -e en ningún sentido líes será nocivo, polos novas Cando era redactor xefe da revista infantil cubana Zunzún, aplicaba o principio de que todos os temas son válidos para uns e outros. Só depende do xeito de tratalos.

5. Cres que as lecturas abrigadas son un bon método para facer lectores?
Mellar que abrigados sería que os alumnos escollese, e que en vez de abrigar nos limitaremos a aconsellar, suxerir, informar para que escollan. Pero comprendo que ás veces, e sobre todo con estudiantes pouco lectores, ha¡ que obrigalos dalgún xeito, inda que non sexo a mellar vía. Hoi que lograr que sintan o pracer de ler.

6. Tes algunha idea ou suxestión para estimular a lectura dende a escalo?
Todo está unido. Todo está en mestura: cultura, educación, literatura, lingua. O ensino de materias diferentes está ou debe estar plasmado nunha dimensión cultural, nunha proxección que yola máis ala da lección aséptica. En todo ha de haber poesía, entronque coa historia, transcendencia espiritual. ha¡ que dar información que transcenda e estimular a imaxinación.

7. Cultura, educación, lingua, literatura... son fungueiros do mesmo carro. Cres que o escritor galego debe escribir en galego? Os escritores galegos que escriben en español, fan literatura galega?
Para min, un escritor galego é o que utiliza a lingua galega. Quen tendo nado en Galicia escriba en español, é un galego escritor, mais non un escritor galego. A lingua é a que define.
Teño analizado isto en conversas con Fernández del Riego e con Carvalho Calero; ambos tiñan isto moi no seu, e coincidín con eles dous inmediatamente (Carvalho Calero faino constar, de xeito moi concluínte, no prólogo da súa Historia da Literatura Galega).
O tema foi moi debatido nun seminario sobre a nosa literatura, no Habana en 2003. Coido que logre¡ convencer ós meus contrincantes. Pero fóra é distinto, aquí, no Galicia territorial, debe de estar isto moi definido para os que nos ocupamos nestes mesteres da Cultura.