"Galicia é terceiro mundo"
Neira Vilas
Xosé Neira Vilas é ese nome que está en tantos fogares galegos, quizá porque algunha das suas obras leva vendidos máis dos cen mil exemplares. Neira Vilas, persoa, acostuma non obstante a estar poucas veces polo país. E un dos moitos galegos que non viven na "Galiza territorial", como el mesmo ¡le chama. A emigración calculamos nós que ¡le serve un pouco para sentirse liberado desas "modificacións epidérmicas dunha desaxustada sociedade de consumo e para encontrarse máis consciente das verdadeiras orixes e dos posíbeis futuros, á marxe, ás veces, dos que non veñen dados. Hai uns dias pasou unhas breves xornadas por Galiza, nas vais aproveitamos para entrevístalo.
Son moitas as persoas ás que lle resulta estraño que o autor do libro galego máis vendido, as "memórias dun neno labrego", viva en Cuba e permaneza ali satisfeito. Quen tan ben soubo descreber as vivéncias da infáncia no noso mundo rural, pasa hoxe os seus dias nun país socialista, tan lonxe da Galiza.
-Señor Neira Vilas, cómo foi a sua marcha para Cuba e cáis son as razóns que ten para vivir ali?
-Sentirme atraído pola revolución cubana desde que, no 1956, comezou a loita na Sierra Maestra. Eu vivia en Buenos Aires. Recordo que o periodista Jorge Ricardo Maseti entrevistara a Fidel e ao Ché Guevara, e ofereceu algunhas charlas nas que talaba daquela experiéncia. No 1957 casei con Anisia, cubana, filla de ourensáns, e xuntos seguimos de perro aquela loita. Nos comezos do 1958 habia en Buenos Aires un comité do Movimentu 26 de Julio. Integrábano uns mozos formidábeis (digamos, de camiño, que asistian aos nosos actos galeguistas, aderíanse á causa de Galiza publicamente, e o dito comité funcionou un tempo na casa do Centro Ourensán). Anisia e máis eu tomábamos parte en diversas actividades de propaganda e de solidaridade coa loita de Cuba. isto acresceu co triunfo revolucionário de 1959. No 1961 radicámonos na Habana. Desde entón ali vivo e trahallo. Pomo o meu humilde grauciño de area na construción do primeiro Estado socialista no hernisfério ocidental, ao tempo que vou escrebendo os meus traba¡los galegos. Vivo en Cuba porque estou fondament , identificado coa sua Revolución e co seu povo, e porque, de paso, podo levar a cabo tarefas, corno investigador, reporteiro e escritor, que me parece que poden resultar dalgun valimento para Cuba e pa
ra a Galiza.
-Precisamente, como escritor, vostede escolle u, amais doutros estudos, a recuperación das lembranzas da infáncia e dun sector moi definido da sociedade rural. Cál foi a sua intención ao escreber tais relatos? Cre que, por exemplo, "Memorias dun heno labrego" e "Cartas a Lelo" -probas testemuñais de valor case etnográfico- sequen tendo vixéncia? Ten vixéncia esa realidade?
-Hai aqui várias perguntas. Verei de contestar ao xeito. A infáncia é de cote un terna entrañábei. Avivecer o noso "paraíso perdido" resulta atractivo sempre, escrebamos ou non. Se escrebemos, se esas vivéncias as trocamos en arte e as damos ao público, mellor ou pior logradas, tarémolo dacordo coa nosa óptica persoal e a posa ideoloxia. As miñas vivéncias son as que están nos libros que coñecedes, reelaboradas, alomadas, pero arrincan dunha experiéncia que abraxe tempo e espácio. Hoxe sei que non se trata dun —sector" do noso campo, senón, pouco máis ou menos, do noso mundo rural todo, Ou, se o prefires, dun sector ben maioritário. Non de donos de fincas que viven de rendas na vila, senón dos que fozan arreo na terra, cativos proprietários ou caseiros, que pouco máis ten. Non escollin por azares literários eses temas. Coñecia ben ese mundo, doiame moito no que tiña de inxusto e pouco comprendido, e quixen amostralo como era, como eu o via e vivia. Namais. Se os libros que mencionas temen vixéncia (e parece que a teñen, pois que se reeditan unha e outra vez) temos que preocuparnos: se esas realidades ainda son tal, quer dicer que a sociedade rural galega ---ainda que os Balbinos e os Toños e os Lelos de hoxe viven un chisco mellor - segue tendo a mesma estrutura. Mentras esta non se crebe, apesar dun mellor compango e dun vestir mellor, e pouco máis, os rapaces parece que ainda se identifican coas personaxes ditas. Caneando polas nosas aldeas, vemos que as xentes seguen aburadas polos mesmos desacougos de trinta anos atrás, só modificados epidermicamente por unha desaxustada sociedade de consumo que nos foi imposta. Galiza é "'terceiro mundo". Por solidaridade cos que no noso país aturan a historia, non debemos esquecelo.
-Ser un dos escritores galegos contemporáneos de maior venda, qué responsabilidades ¡le impón, se é que ¡le impón algunha?
-A responsabilidade social dun autor, ou sexa, de alguén que elabora un produto artístico e o fai público, non ten que ver coa maior ou menor demanda do mesmo. Desde o momento en que o firma, xa está asumindo esa respc sabilidade. Se alguns libros meus contan, numericamente, co favor dos leitores, a miña responsabilidade ante estes non é maior por ¡so. Desde que escrebo a primeira palabra, síntome responsabelmente comprometido co povo de Galiza, calquera que poida ser a aco¡¡¡da ulterior do libro. Pensa que isto Ile ocorre a todos os autores galegos. Cadaquén fai o que pode, pero é evidente que nengun de nós padece frivolidade. O'que si podo afirmar -e isto é elemental- é que cando o noso traballo ten eco sentí monos moi estimulados. Vocación e deber marchar xuntos. 0 compromiso fasee máis nídio. Aumenta a —presión interior". As¡ alentado, un traballa máis e mellor.
0 que convén, por própria sanidade, é non "t-narearse""; que un non se encha a cabeza de fume; que non nos durmamos en nengun hipotético loureiro. Compre autovixilarse (despois de todo, a nosa literatura segue sendo ainda cativa). Esforzarse máis cada dia. Sentirmos obreiros dun facer comun; labregos dunha leira que é de todos e non eido persoal de ninguén. Se en todo isto non hai auténtica modéstia, nada será valedeiro. Resumindo, en singular, o feito de que o meu poyo me lea, prodúceme unha grande emoción, dame alegria, azos e unhas enormes ganas de seguir traballando mentras me queden folgos.
-Cre que pode modificarse un criador galego en contacto coa emigración?
-Toda persoa que a partir de certa idade reside noutro país, noutra ou noutras áreas do mundo, adquire novas experiéncias; enriquece a sua cultura, o seu universo. Se escrebe, poño por caso, o que vaia sedimentándose estará dalgun xeito presente na sua obra. Depende, en boa medi da, da ""porosidade"" con que actue.
Eu non diría que se modifica senón que anchea o seu horizonte. 0 tema da emigración resulta enormemente rico para nós, e será como tal engaiolante para os que viven nela e trabaIlan arreo en función de servício de cara a Galiza.
-Ten vostede un coñecido estudo sobre os galegos no Golfo de México. Cál foi esa preséncia nas vertentes económica e cultural, e a intervención deses homes nas diferentes fases da história cubana?
-No meu libro-reportaxe "Galegos no golfo de México- abordo a preséncia na Habana de pescadores que chegaron moi novos desde Pontedeume, Limodre, Ares, Redes, Mugardos... lan á pesca de cherna á plataforma mariña mexicana. Da( o título deste traballo. Unha preséncia significativa en máis dun sentido. Estes homes incorpóranse axiña ás loitas sociais de Cuba; criaron e rexiron sindicatos; tornaron parte en folgas e protestas, cunha nídia conciéncia de clase. E cando triunfou a revolución, no 1959, sentírona como própria, como algo de seu, e dedicáronile esforzos e desvelos. Foron os precursores da pesca de altura en Cuba, e os mestres de toda unha xeración de novos pescadores cubanos. As seas testemuñas equivalen a un corte ao longo da história cubana dos últimos 50/60 anos.
-Qué pode dicirnos da ósmose Galiza-Cuba?
-Moito, pero non haberá lugar nesta conversa. Desde 1870 até 1930, pouco máis ou menos, centos de milleiros.de galegos emigraron a Cuba.
Pero-desde moito antes deste desprazamento masivo, xa tiñan cruzado o mar ben paisanos nosos, alguns deles ilustres,(Evelino de Compostela, Ramón de la Sagra..) Esta--preséncia, deixou fondo cáícó -en`yCuba: leñdas, costumes, comidas, instrumentos de traballo, habilidades, institucións, palabras galegas insertas na fala cotiá... De rebote, á Galiza territorial chegaron estolas financiadas polos emigrantes, hábitos, xeitos de vestir, cancións, proxectos de sindicatos, cemi térios civis... Estas son somente algunhas das moitas realidades, enumeradas polo atallo. Moito queda por investigar neste.terreno. Os vencellos son-múltiples; as mútuas influéncias teñen sido fecundas. Ná Sección Galega do. Instituto de Literatura e Lingüística da Académia de Ciéncias de Cuba, vimos éstudando desde hai quince anos esta ósmose. E un tráfego moi interesante.
-Qué foi do Centro Galego da Habána?
-Como institución desapareceu hai uns anos. Morreu de seu porque a sua razón de ser era o Sanatório "La Benéfica", no cal recebian asisténcia médica os paisanos mediante unha cuota mensual, como ocorre en toda sociedade mutualista. Como en Cuba a asisténcia médica está rexionalizadae é totalmente gratuita, os mutualistas non existen, nen falta que fan. No seu palácio social ainda teñen o seu domicilio as máis de 57 asociacións comarcais ga!egas que hai en Cuba, integradas por velliños que se reúnen algunha vez para evocar o lar nativo.
Outra pergunta case obrigada é sobre a preséncia de Castelao,en Cuba. Cómo foi?
-Foi unha preséncia mol entrañábel. En plena Guerra Civil española, Castelao chégou á Habana, con Virxínia; a sua muller, e con Luís Soto. A solidaridade do poyo cubano cos povos' do Estado español era moi vital. A Castelao isto.emocionouno moito. Estaba fondameñte comovído. Falou, escrebeu, debuxou. Acaso teña sido unha das etapas máis intensas da sua vida. Seria tongo extenderme- riesto,,e permítome,, por esta vez, remitir aos leitores de A NOSA TERRA que ¡le interese o. tema, ao meu libro "Castelao en Cuba".
-En qué traballa vostede agora?
- Teño moi adiantado un libro que ha titularse "A prensa galega de Cuba", tema en si impo,tantísimo, Pois as pubiicacións periódicas" galegas de Cuba suman nada menos que 71. Algo in cnbel. Nengunha emial<, td ivo arte algunha _en época
gunha tanta e como a tan -boa prensa que tiveron en Cuba os nosos, emigrantes . Levo anos traballando~ 1 nisto e pensó que ha resultar un tema atractivo Para moitas persoas. Non se pode falar da identidade de Galiza sen ter en conta o múltiple faacer dos emigrantes. O da prensa feita máis ala das nosas fronteiras territeriais, é de valimento inegábel.
Deixamos xa a entrevista e acercámonos a el para anunciarlle, xunto co lelo, Lelo, o Moncho, Baibino e tantos e tantos galegos, o noso desexo de que siga traballando.