Centro de Documentación da AELG
Arte, historia, turismo e amor á terra
xullo de 2001
J.M.B. López Vázquez
Autores/as relacionados/as:
Fonte: Guía dos Libros Novos

Levado polo seu afán didáctico, callado en moitas horas de docencia como catedrático de ensino secundario, Lema Suárez non se limitar a estudiar os 123 pazos por el identificados nesta comarca. Na introdución explícanos o que debemos entender por pazo (...). A sólida formacoón en historia da arte que ten L. S. Lévao a continuación a facer un pormenorizado estudio dos elementos arquitectónicos dos pazos, analizando os tipos de plantas, materiais constructivos, orientación ideal da fachada... (...) Tamén se detén en analizar a vida dos pazos , que estaba marcada polo calendario agrícola, e entón fai fincapé nos seus habitantes, na súa lingua... (...) Non contento con todo esto, Lema sinala ademais os antecedentes medievais da fidalguía da Costa da Morte: os Traba (séc. XII), os Mariño de Lobeira (séculos XIII-XIV) e os Moscoso de Altamira (século XV), que serán os que finalmente manterán o poder durante toda a Idade Moderna (...) ...parte esta última do seu libro que actúa a modo de guía turística, co que o autor volve a outra das súas teimas: a importancia que o turismo pode ter para o desenvolvemento da súa terra.