Centro de Documentación da AELG
Sobre A Arte Relixiosa na Terra de Soneira 2
25 de setembro de 1994
Antón Fraguas Fraguas
Autores/as relacionados/as:
Fonte: Aparecido en "O Correo Galego", Suplemento semanal

Se queres, amigo lector, visitar na Terra de Soneira unha igrexa, a que queiras, o milagroso santo dunha cappela, ou estudias os incensarios (...) non hai máis que botar man dos tres tomos de A Arte Relixiosa na Terra de Soneira, escrita por un investigador profundo e tamén defensor do pasado, o profesor Xosé Mª Lema Suárez. (...). Unha cuestión de método que poden usala cantos fagan estudios en Galicia: resume xeográfico, paisaxe natural e humanizado, prehistoria e historia deica os nosos días (...). Pedra a pedra analiza a evolución estilística que vai desde a celosía pétrea de San Fins do castro deica os edificios de ladrillo e formigón que construíron nos nosos anos. (...) A obra A Arte Relixiosa... é un libro modelo que descrebe a realidade tal como se atopa nunha data actual, punto básico para que coidemoscon agarimo o moito que nos queda.