Se hai unha obra importante dedicada a esta comarca [Terra de Soneira], esta é A Arte Relixiosa na Terra de Soneira (1ª edición, 1993), un traballo de investigación realizado por X.Mª L.S. que, tras varios anos de investigación se ten convertido no verdadeiro especialista no tema (...)
É por iso que a obra de L.S. sobre a arte relixiosa de Soneira supón unha novidade ou, mellor dito, unha excepción nos traballos da arte ou historia de Galicia, normalmente non centrados nunha comarca. Tal vez haxa que buscar un precedente nos traballos clásicos realizados polo Seminario de Estudios Galegos en 1933 sobre a Terra de Melide. O texto de Lema ocupa tres amplos volumes de case 800 páxinas cada un, no que non só a arquitectura relixiosa é o tema de estudio, senón toda a arte e historia de Soneira en xeral.