Centro de Documentación da AELG
Laudatio Doutor Honoris Causa da Universidade da Coruña
Dobarro Paz, Xosé María
Autores/as relacionados/as:

Laudatio como Doutor Honoris Causa da Universidade da Coruña,
do Excmo. Sr. D. Xosé Néira Vilas,
pronunciada polo Profesor Dr. D. Xosé María Dobarro Paz.
Catedrático de Filoloxía Galega  e Portuguesa

Magnífico e Excelentísimo Sr. Rector da Universidadeda Coruña.
Dignisimas autoridades galegas, españolas, portuguesas e cubanas.
Membros do Claustro Universitario.Membros da Xunta de Facultade de Filoloxía e máis
do Consello de Departamento de Filoloxías Francesa e Galego-Portuguesa
Señoras e Señores.


Corno xa veterano profesor e como membro do Claustro da Universidade da Coruña, significa moito para min ter a honra de pronunciar nesta sesión solemne a Laudatio dedicada a quen dentro de non moitos minutos vai ser investido como Doutor Honoris Causa pola nosa Universidade e, por iso, quixera agradecer mol fondamente ós membros dos órgaos colexiados -Consello de Departamento, Xunta de Facultade, Xunta de Goberno e Claustro- que, co seu apoio á miña proposta, fixeron posible a celebración deste magno acto. Sinceramente, moitas gracias. Estou firmemente convencido de que o candidato ó grao de doutor ben o merece.

O ilustre escritor D. Xosé Neira Vilas, naceu en 1928, en Gres, parroquia do concello pontevedrés de Vila de Cruces, no seo da familia de labregos formada por don Xosé Neira Silva e dona Manuela Vilas Arteaga, á que, anos andados, dedicaría un dos seus libros de lembranzas escritos en prosa poética, Nai, aparecido en 1980.


Na súa aldea natal. realizou os estudios de ensino primario e tamén seguiu cursos de Comercio por correspondencia ao tempo que, coma tódolos rapaciños da súa mesma condición social, se viu asa obriga de ter que botar máis dunha man nas duras tarefas do campo.


Se xa de por si a vida do campesiño, de calquera campesiño, é ingrata, está chea de penalidades de todo tipo, foino moito rasáis nos tempos en que se desenvolveu a infancia, a adolescencia e a mocidade dos camponeses -e neste caso non só- da xeneración de Xosé Neira Vilas: a triste e penosa guerra civil e a non menos penosa e triste posguerra. Duros e longos anos de escasez de case que todo, tanto no aspecto material como no espiritual. Nestes ambientes desoladores, o da guerra civil e o da inmediata posguerra están ubicadas dúas das obras narrativas de Neira Vilas: Aqueles anos do Moncho, publicada en 1977, e Querido Tomás, en 1980, respectivamente. A primeira, de protagonista infantil, Moncho, un rapaz aldeán, e a segunda de protagonista adulto, Sara, unha mestra rural.


As escasas posibilidades que en tódolos ámbitos lle ofrecía o entorno social e familiar levárono a toma-la decisión de colle-lo mesmo camiño que andaran tantos e tantos paisanos nonos desde ben anos atrás: o da emigración a América, aínda que asesta altura as Américas xa non eran o que foran, se é que, a non ser para unha reducida minoría que chegou a enriquecerse, algunha vez foran algo, algo que lles permitise cambiar substancialmente de vida ós desherdados da terra.
 

A título de exemplo, lembremos que xa en 1914, isto é, bastantes anos antes de Xaneiro de 1949, data do embarque de Neira Vilas con destino á Arxentina, Ramón Cabanillas, un poeta que nos é grato e familiar tanto a min como ó meu apadriñado, escribíalle a un amigo desde a emigración cubana:


«Es una locura v una insensatez emigrar á este pais (...): no se paga el trabajo; nos molesta el clima ... En general ya América no es América.»


América xa non era América, pero o xove Neira Vilas, que era un mozo con luces, en Buenos Aires, ademais de traballar e de estudiar (fixo cursos na Universidade Popular de Villa Pueyrredón, no Conservatorio de Música Valsangiácomo e nas estolas de Xornalismo do Colexio Nacional Buenos Aires e do Instituto Grafotécnico, e participou, ademais, nun Seminario Permanente para Escritores), axiña manifestou o seu interese, preguntando a este ou aquel, inquirindo aquí ou acolá, por tantas e tantas cousas ás que non tivera acceso nos eidos natais, máxime se remos presente que, naqueles anos, cando Europa tiña que recuperarse da desfeita provocada pola segunda grande guerra do século, Buenos Aires era unha das grandes capitais culturais do planeta e por ela, por este mundo cultural cosmopolita, movianse, entre outros, artistas e intelectuais galegos da categoría de Luís Seoane, Rafael Dieste, Lorenzo Varela, Eduardo Blanco Amor, Emilio Pita, Arturo Cuadrado, Laxeiro, Colmeiro, Ramón de Valenzuela, Suárez Picallo ou un conservador-libertario, inconformista e descrido, como gusta de definirse, chamado Isaac Díaz Pardo, que, andando o tempo, tanto tería que ver na impresión e difusión dunha boa parte da obra literaria do noso novo doutor honoris causa.
 

A carón deles, en contacto con eles e participando asidua e activamente nas múltiples e diversas actividades que desenvolvían, Neira Vilas tomou conciencia de Galicia, conciencia política, e forxouse como escritor e como home. Como home e como escritor comprometido coa súa nación, comprometido co seu pobo, o de aquén e o de alén mar, e coas súas xentes e clases sociais máis desfavorecidas, e comprometido co seu idioma -quen sen coñecelo o escolte falar, e imos ter ocasión de comprobalo dentro de breves minutos, probablemente pensará que nunca saiu da nosa terra, cando o cerro é que botou máis de corenta anos (case vintecatro deles ininterrumpidos, pois volveu a Galicia, na compaña da súa dona, a tamén escritora Anisia Miranda, cubana falla de emigrantes, en 1972), máis da metade da súa vida, fóra dela.
E isto mesmo acontece coa súa lingua literaria, unha lingua popular e viva, como se a tivese escoitado todos e cada un do sdías da súa xa non curta vida.
A súa lingua literaria é, sen dúbida, unha das de maior calidade, frescura e fermosura da nosa literatura contemporánea.
Á hora de facer literatura, Neira Vilas, «un home que escrebe desde o home, galego e labrego que leva dentro», en palabras do profesor Xesús Alonso Montero, sempre adoptou unha única actitude, a do compromiso, mesmo en momentos, como os actuais e os destes últimos anos, en que o compromiso na escrita
de creación non está de moda. E isto, na miña modesta opinión, honra e dignifica a un escritor, xa que se mantén fiel ós principios que lle dicta a súa conciencia e non se deixa arrastrar polos dictados oportunistas da moda.
 

 

Mais iste seu compromiso non se cinxiu exclusivamente ó cultural, en xeral, e ó literario, en particular, pois en 1953 participou na fundación das «Mocedades Galeguistas» da Arxentina, das que sería Secretario Xeral, organización de carácter políticopatriótico, de afirmación da identidade galega e antifranquista que editou o xornal Adiante de carácter informativo e do que Neira Vilas sería redactor habitual.


Nesta mesma liña formou parte da Comisión organizadora do Primeiro Congreso da Emigración Galega, celebrado en 1956.


Unha vez casado con Anisia, en 1957, decidiron abordar unha interesantísima experiencia de carácter empresarial e fundaron «Follas Novas», co obxectivo de conquistar un mercado amplo para o libro galego por medio da súa promoción e distribución, tanto en América como en Galicia, neste caso, algunhas veces, clandestinamente.


« Un joven patriota, José Neira Vilas, colaborador de esta revista, y su esposa Anisia Miranda, acaban de inaugurar una feria permanente del libro gallego en su propio domicilio. La feria, cuyo aviso incluímos en este número, lleva por título «Follas Novas», esgrimiendo pues, como apellido, el de una obra famosa de Rosalía Castro. La noble labor que inician es de una gran utilidad para la divulgación del libro gallego, el editado en Galicia y en Buenos Aires, pues sus ediciones no tuvieron en ningún momento ( ..) un lugar donde se pudiese abarcar y adquirir en la casi totalidad de su producción.

«Follas Novas» ha de encontrar, estamos seguros, entre los lectores del libro gallego el apoyo necesario ( .. ) El fracaso de las editoriales gallegas montadas hasta la fecha reside, no en los intelectuales que escribieron dichos libros y los editan, sino en los comerciantes que no les ayudan a comercializar el producto de su labor. Es un fracaso de nuestros comerciantes, que no se dieron cuenta hasta la fecha de la importancia extraordinaria del aporte de su experiencia. (29, junio y julio de 1957, Luis Seoane, rev. Galicia emigrante, Buenos Aires).

«Follas Novas» celebrou unha importante exposición de libros galegos contemporáneos no Centro Lucense, en xullo de 1958, ano no que ampliaron a actividade creando a editorial do mesmo nome, onde aparecerían as súas primeiras obras: o breve poemario Dende lonxe (1960), prologado por Rafael Dieste, e o libro máis veces editado, vendido e, mol probablemente, lido da nosa historia literaria, Memorias aun neno labrego (1961), un auténtico best-seller, que en tempos difíciles para a literatura xogou un decisivo papel no espallamento da literatura galega.


Debo dicir, ademais, que o éxito acadado sobardou o territorio galego, xa que foi traducida a moi diferentes idiomas, con tiradas de significativa importancia. Por citar só un caso, pensemos en que unha edición en español realizada pola Editorial de Arte y Literatura de Cuba, con prólogo de José Antonio Portuondo, tirou 30.000 exemplares, o que non é pouco.
Aínda que ten confesado que os dez anos comezou a escribir versos e que este seu achegamento á poesía ¡lo debe á súa avoa materna, Maripepa Arteaga, que lle recitaba e cantaba vellos romances, sería na emigración bonaerense cando naceu como escritor para os demais, como escritor público. Con anterioridade a estes dous libros citados, poemas seus viran a luz en diferentes xornais de Buenos Aires e de Montevideo.
 

Se ben o unánime recoñecemento como escritor de prestixio venlle por riba de todo da obra narrativa e, dentro dela, do éxito sen precedentes das súas Memorias dun neno labrego, Neira Vilas nunca abandonou o quefacer poético -ten poemas inéditos. En 1969, a colección Xistral, que dirixía en Monforte o poeta Manuel María, publicoulle Inquedo latexar e en 1975, viu a luz un outro libro de versos, esta vez para rapaciños, acompañados de dúas narracións de Anisia, Cantarolas e contos prá xente miúda.


Agás os versos infantís, a poesía de Neira Vilas manifiéstase na liña de compromiso do resto da súa obra, ó que xa aludimos hai un momento; hai que inserila, xa que logo, dentro do que se coñece como poesía civil, poesía militante, poesía social ou poesía de testemuño.


Vexamos un exemplo. Trátase do poema «Teima», pertencente ó libro Inquedo latexar


 

EU non son guieiro nin profeta. Non traio
programas nin códigos, nin evanxeos.
Nada teño
fóra desta palabra acesa
coa que arelo remexer na borra que apousa
no corazón dos honres.


Digamos que do seu valor pode ser unha mostra o feito de que unha colección poética de prestixio, dentro e fóra de Galicia, como é Espiral Maior, dirixida polo poeta Miguel Anxo Fernán Vello, editase non hai moito tempo, en 1994, unha escolma baixo o título de Poesía recadada, ou que algún poema fose musicado e difundido en forma de canción por cantantes como Xerardo Moscoso, Suso Vaamonde ou Xico de Cariño.


A musa inspiradora do conxunto da obra literaria de Neira Vilas é sempre Galicia -tanto a interior como a exterior, a da emigración americana.


Por estarmos perante un escritor realista, cando narra aconteceres da Galicia interior, a súa atención céntrase, case que exclusivamente, no que lle é máis familiar por telo vivido: a aldea e a infancia, e cando os sucedos teñen lugar na Galicia exterior acontece o mesmo, quer dicir, céntrase no tamén experimentado: a grande urbe (nomedamente Buenos Aires ou a Habana) e o emigrante adulto, por veces xa vello.


Á primeira das tipoloxías pertecen as xa citadas Memorias dun neno labrego (Buenos Aires, 1961). Mais, tamén ten obras situadas no ámbito rural onde o mundo da infancia lle cede o protagonismo ó mundo dos adultos: trátase dos contos de Xente no rodicio (1965) e da Muller de ferro (1969), e da novela, tamén xa citada, Querido Tomás.


Á segunda, os contos de Historias de emigrantes (1968) e as novelas Camiño bretemoso (1967) -aínda que parte da acción desta obra se desenvolve no tránsito entre a cidade e a pampa- Remuíño de sombras (1973), e as narracións de Tempo Novo (1987).


0 30 de xuño 1961, dous anos e medio despois do triunfo da revolución cubana, Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas, deciden marchar a vivir a Cuba, á cidade da Habana e, 6 mes seguinte xa participaron no congreso que orixinou o nacemento da UNFAC, da que Nicolás Guillén sería o 1 ° presidente.


Inicialmente ocupou Neira diversos cargos de dirección nunha empresa do Ministerio de Industrias (daquela era ministro Ernesto Che Guevara). Pasou logo ó organismo central onde creou e dirixiu un departamento de cooperación científico-técnica. Máis tarde desempeñouse como especialista en organismos internacionais En 1983 trocou de rumbo e asumiu o cargo de redactor xefe da revista infantil Zunzún. Nunca deixou de exercer o xornalismo, primeiro en Buenos Aires como colaborador de Galicia, Adiante, Lugo, Opinión gallega, etc, así como O irmandiño, de Montevideo e Vieiros, de México. En Cuba, ademais de escribir para Zunzún, fíxoo en Bijirita, El Mundo, Hoy, Revolución, Islas, juventud Rebelde, Signos, Palante, España Republicana, El Caimán barbudo, Bohemia, Revolución y cultura, La Gaceta de Cuba...


En 1969, en coordinación co profesor e ensaísta José Antonio Portuondo, director do Instituto de Literatura e Lingüistica, creou Neira a Sección Galega do dito Instituto, e dirixiuna durante vintedous anos (sen abandonar o seu traballo habitual), é dicir, ata que se radicou en Gallicia, en 1992. Esta sección ven sendo o único centro que existe en América e poida que no mundo, onde se estudia sistematicamente, no ámbito dun organismo oficial, a presencia da emigración galega. Entre moitas outras tarefas realizadas salientan a elaboración de índices de publicacións periódicas; a montaxe de exposicións bibliográficas e de artes plásticas; o estudio de personalidades galegas que residiron en Cuba; os cursos de lingua e literatura galegas, ademais de temas como o das voces galegas na fala de Cuba, os personaxes galegos na narrativa e no teatro cubanos; unha exposición do xornalismo galego na Illa; outra de homenaxe de poetas e pintores galegos ó Che Guevara. Etc. A Sección Galega mantivo relacións con centros universitarios de Europa e América, e logrou que se implantase o ensino de lingua e literatura galegas nas Universidades de Leipzig e de Leningrado. Os fondos bibliográficos, de procedencia diversa, constitúen un caudal de enorme valor. Gracias a esta iniciativa e á dedicación do noso novo doctor, hoxe a consulta deses fondos é obrigada para os que necesiten realizar traballos sobre o labor que os emigrantes galegos desenvolvieron en Cuba, tanto na época colonial como despois da independencia. Investigadores, galegos e non galegos, preocupados polo tema da Galicia emigrante, teñen realizado investigacións diversas -mesmo teses de doutoramento -consultando eses materiais resgarados por- Neira Filas. ú longo deses vintedous anos contou con colaboradores como Xosé García Antón, Francisco Raña, Norma Peraza, Xulio Martel e algúns estudiantes da Universidade da Habana. Desde 1992 sigue atendendo a Sección Yolanda Vidal, que nin é de ascendencia galega nin estivo endexamais en Galicia e leva a cabo o seu cometido como pollería facelo o mellor dos galegos.


Todo iste labor non lle impediu a Xosé Neira Vilas o seu facer literario. En Cuba, onde residiu 31 anos, escribiu a maior parte dos seus libros. Ademais dos títulos que foron mencionados e outros dedicados ós nenos, é autor de obras que confirman os vínculos profundos, entrañables, entres os pobos galego e cubano; tales son: Castelao en Cuba, Rosalía de Castro e Cuba, A lingua galega en Cuba, e outros.


Neses anos tamén traduciu ó galego Trintenove poemas de Nicolás Guillén, A Idade de Ouro, de José Martí, A historia absolverame, de Fidel Castro, e O camiño de Santiago, de Alejo Carpentier.
 

Entre os premios e distincións que recibiu están:


O da Crítica Española á mellor novela en lingua galega por Aqueles anos do Moncho (1.977). 0 da Crítica Galega (ensaio) por Galegos no Golfo de México (1.981). A Medalla Castelao, a Medalla Celanova Casa dos Poetas, o Pedrón de Honra.


Creo firmemente que, despois do exposto, que non é máis que unha parte do intenso traballo realizado por Neira Vilas en favor de Galicia e da súa cultura, ninguén dubidará dos seus méritos para merecer a distinción de ser nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña.


Dixen.


Prégovos, Magnífico Rector, que, polos méritos expostos, lle sexa outorgado o Grao de Doutor Honoris Causa en Filoloxía ó Excmo. Sr. D. Xosé Neira Vilas.