marés con que me esqueces cando cativa non eras mar aínda e xa non podo alentarte será que es planeta sen atmosfera hoxe é deses días nos que non existes nen existo suco a nada con beizos impotentes choverá? maldito inverno que non canta lía as vulvas con devoción calado, sempre sorrindo non sabe odiar vénlle unha regra estrondosa case un pranto entre as pernas cando as ideas distinxen ou se exilian quero serche fiel pronúnciame até a extenuación Rita Hayword sabía a café sempre quixen espellarme nos seus ombros non sei quen lle aprendeu iso de no new messages é tan fría a ausencia que non chegas nen á miña pantalla esquecer é escreber nomes ilusos co dedo no ar sen o vento a árbore a caer era a túa silueta a túa ausencia é inverno silente nas costas da nada o adeus do computador esconde esa distancia que nós sabemos hoxe quixen pensar no tecido de framboesa dun teu bico eu bébedo de teu nome eu flotando será unha guerra de peles que infrinxan todas as regras se me pensas existo se fores vento ou brisa ou sopro terías as palmas sempre salgadas enfeitizaches un sempre agora azul que non cala non cala non cala a maxia das gaitas esconde as verdadeiras intencións do teu nome tes parques ao solpor na túa saudade heite pasear pel de versos con relva no silencio por que me ollas así? se es palabra heite escreber ou dicer lentamente o silencio ten unha vulva máis húmida aínda saborosa tras dos meus beizos cerrados din que a lúa está estresada e a rúa melancólica por que calas cando vexo a túa voz espida e facéndome burla? ultimamente só respiro entre coxegas as túas palabras perguntabas pola primavera ela mora na túa inxenuidade se se puideren tinxir os beixos sería de ti a túa lingua bolboreta é o meu lévedo secreto ela dixo que era non precisou atributos é dou fe porque a vin noite no máis cálido inverno voz de todas as rúas e maxia só por dicer que me quería unha alcatifa por suposto máxica é túa pel de húmidas estancias a miña man acampa no teu ventre até amencer arrecife na praia no teu riso moran todas as bolboretas e ris cando che fago festas no cabelo e ris cando son as néboas dos teus seos se me bicas así hasme pintar contornos de pirata queres que te rapte? na miña boca mora eterno o sabor das túas humidades no país de entre os teus seos hai festas de seres transparentes debuxando as curvas do teu riso o mariño procuraba illas brancas onde morasen sereas de guedella de praia o mariño ancorou nas costas do teu pubis para morar entre sereas sob as augas das que ti nunca falas se non dormes nen espida nen cubríndote de lúa é porque eu non son o colchón que te invade hoxe despois de seres miña noite mudaron os eixos do planeta leo o teu riso e moro planeta errante na órbita dos teus susurros repetir un quérote e non ter resposta é mascar estropallo e chorar mesturas de todo e nada o café xa está frío nas pernas soidade e inverno a música acompaña púas de ausencia o sol confesou que errara o rumo odio os finais repetidos eses vellos filmes nos que o celuloide quere ser pel odio saber o que hai tras do teu silencio se soubeses que onte por ti chorei xoaniñas a túa xeografía será portanto utopía conxugar o teu corpo e o meu en activa e pasiva e volta a comezar apagaron as liñas falas en branco mercara unha alcatifa máxica para me sobrevoares cando viñeres a alcatifa xa non é máxica nen é alcatifa é un marca-páxinas nun diario inacabado que nunca lerás cando ficares núa xa non serás soñada para navegar na tristura non fan falla búsolas este será o último susurro nunca souben voar converterte en nube cos ollos cerrados e xemendo verquer choivas no teu riso verde beber primaveras na túa pel o leito é un planeta lento subornei o almuecín para berrar que toda ti es miña amante só aprendín a ler ollando inmenso os teus ollos o próximo outono as túas coxas estrearán madresilvas conclúe a tarde a deshora e silente só ficas ti morada útero ardente do meu naufragar algún día voltaremos á lúa talvez xa entre as túas pernas |