DRAMATIS PERSONAE • O CEMPÉS: ten un problema dun furado. Deberá ser feito por tres ou cuatro nenos. • O REICHÍN que é o presentador. • As tres CASCUDAS • A FORMIGA repartidora de pizzas. • As MOSCAS, cuxo número é variable, dependendo das necesidades. • O ESCARAVELLO médico • A AVELÍA enfermeira • As tres ou cuatro ABELLAS da primeira reparación • A LOMBRIGA da segunda reparación • A ARAÑA. • As dúas AVESPAS policías |
Madrid, Maio de 2000 |
|
O fondo do escenario será de vexetación mesta e vizosa. Estamos no mundo dos insectos, de xeito que as follas e as flores que se vexan no fondo han ser xigantes, como se os espectadores tamén elos fosen insectos. |
Reichín | Ola, amigos. Permitídime primeiro que me presente. Son Xoán o reichín. Non sabedes a última? Non? Pois aconteceu aquí en Bechanova, a nosa aldea dos bechos (pausa breve). Que non a conecedes? Ben, pois vóuvola contar, aínda que os meus amigos sempre dicen que son unha cuntapeira, mais eu quero ser, de verdade, xornalista da prensa amarela e... |
Voz de fondo |
(Con ton severo e algo enfadado) Reichín...? Ou contas a historia como é debido, ou buscamos outro narrador. Entendido? |
Reichín |
(Queixumento) Ai, vale, vale! Xa abonda! Que xenio ten vosté! Ben, como ía dicendo, todo comezou hai varias noites, condo varias cascudas voltaban para a casa despois de iren de murga e tropezaron con Andrés, o cempés... |
O reichín retírase para un lateral, que a partir deste momento, será onde quede cuase toda a obra. Estará visible mais non participará nas acciois. |
|
Entra lentamente o cempés e déitase cara ao fondo do escenario, como se estivese durmido. Axina entran tres cascudas que van collidas cos brazos polos ombreiros. Móvense desde un lateral do escenario cara o punto onde está o cempés, fendo eses. As cascudas irán cantando:
por suposto coa música da célebre canción de "La cucaracha". Cantaranno tantas veces como sía preciso no sou percorrido desde o lateral até o sito no que se atopa o cempés. Condo as cascudas chegan xa ao centro do escenario cara atrás, pisan a traseira do cempés. |
Cempés | (con muita dolor) Ai, a mía cola! |
Cascuda I |
Pero se tu non teis cola. |
Cascuda II |
Solo teis pés. |
Cascuda III |
Por qué non nos regalas algún? |
Cempés |
Ai, ai, ai (laios esaxerados). Mancástesme ben... Ai, ai, ai...! |
O cempés segue a queixarse coas cascudas arredor. |
Reichín |
Aquel accidente foi fatal para o cempés. E decataríase axina, á hora da cea. |
As cascudas salen como entraran, cantando, aínda que xa desaparecen máis rapidamente do escenario. |
|
Entrementres, o cempés móvese cara a dianteira do escenario. |
Cempés |
(monologando) Como me mancaron esas cascudas. Debían poerlles unha multa por alborotadoras. Sempre están de xoldra e non ven por onde van... O outro día pisaron as antenas de Antón o saltón e agora, condo salta, tropeza con todo o mundo (pausa breve). En fin, vou cear que teño boa fame. E que fago? Vou a un restaurante ou pido comida a domicilio? Como me dolen muito as patas de atrás, vou pedir a comida. |
O cempés saca un teléfono móbil e marca cinco números. Agorda uns segundos até que llo collen.
|
Cuase que non da dito as últimas palabras, condo se escuita un ruxido de motocicleta, mais está feito coa boca. Entra ás carreiras unha formiga con casco, que monta nunha moto imaxinaria. Nunha mao sostén unha caxa plana na que vai escrita a palabra "pizza". É bon que a formiga dea dúas ou tres voltas polo escenario. |
Formiga |
(ao cempés): A súa pizza. |
Entrégalla, e antes de o cempés gurgutar, a formiga fai o xesto de arrincar e volve por onde entrara, fendo o mesmo ruxido dunha moto. |
Cempés: |
Esta formiga está coma unha moto... En fin, eu vou comer, que teño demasiada fame. |
|
Reichín: |
Non sabedes a sorpresa que levou á outra mañá o coitado cempés. Aquela cea non lle ía caer ben! Ben, de feito, a cea caéralle ao chao. Porque, á outra mañá, condo acordou, ía un sol espléndido, cos paxaríos cantando, as avelías enhalando, os nenos indo á escola, as... |
Narrador |
(mui serio) Outra vez, reichín? ¡Conta a historia ou buscamos outro insecto que o faga por ti! |
Reichín |
Está ben, está ben! Eu namais quería ser simpática. Pois ben, á outra mañá, o cempés encontrouse que estaba morto de fame, como se non tivese ceado. |
Vese ao fondo o cempés levar as maos para o bandullo.
|
Axina aparece a mesma formiga repetindo o ritual de enantes. Agora leva tres caxas de pizza que deixa ao cempés e lougo lisca fendo novamente a moto. Inmediatamente, o cempés vai metendo unha a unha as caxas pola boca
|
Telón |
|
O reichín narrador volve apacer no sou recanto. O escenario é o mesmo, mais agora améceselle unha mesa e unha cadeira cara ao fondo do escenario. |
Reichín |
Esta é a consulta do doutor Escaravez, especialista en problemas de fame, gases e bocexos. Aquí é onde vén o cempés... |
Entra unha avelía que é a enfermeira, vestida como tal, e que se achega ao doutor para lle anunciar que ten un paciente. O doutor ergue a cabeza condo lle falan.
|
Voz de fondo |
Señorita avelía, limítese a anunciar o paciente, por favor. |
Avelía |
Está ben, está ben... (ton resignado). Pois eso, que ten un paciente. |
Escaravello |
Que pase, pois... |
A avelía sal e o doutor queda mirando para o recanto polo que desaparece ela. |
|
Entra o cempés lentamente e sitúase ao carón do escaravello.
|
O médico colle unha lupa e percorre ao cempés rapidamente da cabeza até a traseira. Condo chega á fin, o escaravello dá un pulín de ledicia. |
Escarav. |
Atopeilo! |
Cempés |
Que cousa? Un pedazo de pizza? |
Escarav. |
Non, a causa da súa fame. Ten vosté un furado na traseira. |
Cempés |
(ton dramático) Un furado? Ai, madeus! E agora que feirei? Toda a comida vai sumir por aí... morrerei de fame! |
O cempés bótase a chorar. Failo mui ostentosamente, movendo as maos e berrando.
|
O narrador vai para o centro do escenario mentres o doutor e o paciente seguen a falar, mais o público xa non escuita o que dicen.
|
|
Entra de vagarín a lombriga. Leva dous anuncios apegados en cadansou lateral. En ambos deles diz:
|
Telón |
|
De novo o escenario do acto I, xa sen mesa nin cadeira do médico. |
Reichín |
Muitos bechos chamaron ao cempés para botarlle unha mao. Mais como eran tantos, houbo citalos un por un... Primeiro chegaron as formigas. |
Entran dúas ou tres formigas que se achegan ao cempés.
|
As tres formigas sitúanse na traseira do cempés e faen un corrín arredor con muito rebumbio. Pásanse uns segundos así, con elas a tapar a visión do público coas súas costas e cabo duns segundos vanse por onde chegaran, fendo aínda muito rebumbio e despedíndose coa mao. |
Formigas |
Abur, abur, abur... Xa está! |
Cempés |
(féndolles aceno coa mao) Gracias, gracias, gracias... |
Reichín |
(mentres salen as formigas e o cempés queda a ollar para a súa taseira) Mais as formigas non foron quen de arranxar o problema do cempés, porque simplemente lle puxeron un lazo vermello. Era mui bonito, mais non valía para nada. |
Daquela o cempés tira do lazo e desfai o nougo. Queda co lazo na mao, ollando pampo para el |
Reichín |
Despois, veu na súa axuda a mosca... |
|
Entra no escenario unha mosca. Ela vai dereita para o cempés. Nas maos leva un vulto misterioso envurullado nun trapo.O público non pode ver de que se trata. |
Mosca |
(mui solemne) Querido amigo, eu téñolle a solución aos sous graves problemas... |
Cempés |
(laiándose todo) Ai, ai, ai... faga algo para me tapar ese furaco, por caridade. Teño tanta fame que comería un cabalín do diabro enteiro, ou mesmo unha andolía... |
Mosca |
Está ben... Déixeme ver. |
A mosca colócase á beira da traseira do cempés. Dá as costas ao público. Cantarexa cualquera cousa mentres traballa e bota así uns segundos. Condo remata, volve para o lado da cabeza do cempés limpando as maos co trapo que levaba. |
Mosca: |
Pronto. |
Cempés |
Xa? E como o amañou? |
Mosca |
Sinxelo. Peguei todo cunha substancia máxica que toman sempre os humanos. Chámanlle goma de mascar. |
Cempés: |
Gracias, muitas gracias... |
Mosca: |
Pois deiquia outra. |
A mosca vaise pola banda. |
|
O cempés érguese e móvese polo escenario, dando mesmo algún pulín. Ponse de cara ao público. |
Cempés: |
Vou celebrar que xa estou curado pedindo unha boa pizza. Teño tanta fame!! |
O cempés saca o teléfono móbil, mais antes de que dea marcado o terceiro número, xa está entrando a formiga repartidora fendo o ruxido dunha moto. Detense diante do cempés |
Formiga |
A súa pizza (ofrécelle unha caxa de pizzas ao cempés). |
Cempés |
Gracias (abraiado)... Pero, como soubiche...? |
Formiga |
É que son un profesional. |
Cempés |
Xa vexo... |
|
Reichín |
Pensades que aquí acabou o problema do cempés? Pois non, amigos, porque a cousa aínda foi a peor, espantosamente peor, horriblemente peor, rematadamente peor... |
Voz de fondo |
Narrador! Outra vez? |
Xoaniña |
De acordo, de acordo. Pois como ía dicendo, aquela cousa pegallenta chamada goma de mascar permitiu ao cempés comer na pizza, mais condo quixo moverse, ficara apegado ao terrén sen poder desprazarse nin para adiante nin para atrás. |
|
Reichín |
O pobre cempés volvía ter o sou furado. E andou e andou sen rumo, até que caeu... nunha tela de araña! |
Telón |
|
O decorado amosa unha tela de araña para o fondo (con que esteña simplemente debuxada abonda). O cempés estará deitado no chao apoiado contra a tea de araña, como se estivese inmobilizado, apegado a ela. |
Xoaniña |
En Bechaoova todos temen a araña. Pensan que é mui ruía e que o único que ela quer é engulir insectos, mais enantes envurúllalos nun fardelín feito coa súa tela pegallenta. Por eso, non ten amigos e ninguén lle fai nunca visitas nin a convida a ver os partidos de bolacesto entre os saltois e as chicharras... |
A araña por fin chántase xunto ao cempés, que larga o berro máis espantoso que se poida ouvir. |
Cempés |
(aterrado) Non me faga nada, señora araña! Eu sonlle inocente de todo, ía escuro e non vin nada, non sabía que esta era a súa tela... |
Araña |
Pero se é mediodía... |
Cempés |
Si, mais eu son algo pitoño... (retoma o ton aterrado). Descúlpeme, descúlpeme, perdóeme, perdóeme, disimule, disimule... |
Araña |
Non fai falta que o repita todo dúas veces. |
Cempés |
Se quer, dígolo até tres. |
Araña |
Tranquilo, que non estou xordo e entendo o eonaviego muito ben. |
Cempés: |
De acordo, e vaime comer agora ou máis tarde? |
Araña |
Eu agora non teño fame. Ademais, estou a réxime e como abondo pouco ultimamente. |
Cempés |
(relaxando algo) É un consolo. Daquela, pensa prepararme con mollo picante, con cogorzos ou simplemente á prancha? |
Araña |
Nada deso... |
Cempés |
Daquela, quer comerme cru... |
Araña |
(xa algo molesta) Que maneira de dar o badallo! Eu non o vou comer a vosté! |
Cempés: |
(mui abraiado) Ah, non? E lougo? |
Araña |
Porque eu lle son vexetariana. Solo como trévole, e se é de cuatro follas, mellor aínda. |
Cempés |
Eu pensei que (avergonzado), que, que... |
Araña |
Vosté pensou o mesmo que todo o mundo, mais nunca ninguén me deixou falar. |
Cempés |
Síntolo muito... |
Araña |
A propósito, eu pódolle arranxar ese furado que ten aí na traseira... |
Cempés |
De verdade? |
Araña |
Claro, coa miña tea. Eso apégalo todo. |
A araña ponse a argallar na cola do cempés, o cual ás veces rise como se lle fixesen cóxegas. |
Cempés |
¡Ha, ha, ha! |
Escena 2 |
Mentres a araña repara o furaco, entran no escenario dúas avespas. |
Avespa 1 |
(á súa compañeira) Menos mal que pasamos por aquí. |
Avespa 2 |
(con voz de fato) Si , porque esto é un timbre. |
Avespa 1 |
Un timbre? Será un crime. |
Avespa 2 |
Eso, eso, un quimbre. |
Avespa 1 |
Por fin pillamos a araña coas patas na masa. |
Avespa 2 |
Coas masas na pata, si... |
Avespa 1 |
Poderemos acusala de, de... |
Avespa 2 |
... e desoutro... |
Avespa 1 |
... e mais daqueloutro... |
A araña detense. Rematou o sou labor. |
Araña |
Xa está! Rematei. |
Avespa 2 |
¿O sou quimbre? |
Araña |
Que diz? |
Avespa 1 |
Non da comido o cempés? |
Araña |
Non, mire para el, está aquí enteirín. |
O cempés saluda coa mao. |
Avespa 1 |
Non o catou nin un pouco? |
Araña |
¡Carape! Non lle comín nin unha patía, aínda que eso non se ía notar. |
O cempés érguese e sepárase da tela de araña. |
Cempés |
(mui contento) Que ledo estou! |
Avespa 1 |
Non o comprendo. |
Cempés |
Verá, a araña é a mellor tecedora do mundo! Ela solía arranxou o meu furado. E non me mancou nada nadía. |
Avespa 2 |
Viva a araña! |
Cempés |
Vou anunciar a toda Bechanova que a araña é unha vecía fantástica e que todo o que pensábamos dela é mentira. |
Araña |
Tamén que son unha boa tecedora? |
Cempés |
Non, eso non. Veña, bríndovos unhas pizzas para celebralo, porque estou morto de fame... |
Araña |
A mía pode ser de trévole? |
Os cuatro salen por un lateral do escenario cantando e mui ledos. |
|
Condo xa dan salido, o reichín vai para o centro.
|
E o reichín lisca por un lateral a toda a velocidade |
Telón |