15
|
Cando na tua voz hai tristeza
procuro vulcáns. Mais o mau
é que eu non sei extinguilos na distancia. Se estiver
contigo, extinguía,
si,
extinguía,
mas así só teño estrelas de
papeis de cores,
billetes do comboio con destino á lúa
e unha voz que non atravesa o mundo,
infeliz...
Como non estás
conto as marés.
Procúrote serea que xurdir, é unha ilusión,
compréndeme, que a soidade é unha doenza contaxiosa.
Imaxino entón que vés e nos teus seos
acho unha foresta.
Ah, infeliz,
estás tan soíño...
Heiche contar os percursos das sílabas todas do teu nome.
Amences, sei, emerxendo tras dos meus ombros,
do meu peito,
da seda do meu alento... Ah, que saes de min
aurora e señora até eu gritar...
De mañá,
cando acordo
e ti
non estás
insulto a miña soidade.
Cando os teus cabelos me arrouparán?
Cando,
cando é que alguén intelixente
prohibirá as distancias?
Infeliz...
cúrame
|