Centro de Documentación da AELG
Nota crítica
Autores/as relacionados/as:

Xabier Quiroga, autor que prefire non divulgar os seus datos biográficos, deuse a coñecer na narrativa galega con “Atuado na braña” (Xerais 2002), historia longa á vella usanza, que mereceu unha calorosa acollida da crítica: “Estamos ante un gran relato de consumo que vén confirmar a emerxencia dunha literatura nacional, á altura de calquera outra.” (Fernando Carballa, “A Nosa Terra”); “Un volume que cobreguea nas mans satisfacendo todos os posibles puntos de interese (morbo, intriga, paixón…) dos lectores.” (Xosé Manuel Enríquez, “Faro de Vigo”); “Nunha novela na que a natureza ten tanto protagonismo, o dioma ten que ulir, cheirar, saber, cegar, ten que poder acariñarse e mastigarse. E abofé que isto é o que acontece en Atuado na braña. A lectura destas páxinas é unha festa para os sentidos.” (Dolores Vilavedra, “O Correo Galego”). Con “Era por setembro” (Xerais 2004) novela de formato breve e de intensa emoción, Xabier Quiroga confírmase como unha das voces máis poderosas da actual narrativa galega de inicio de século.