PECHOUSE
a noite riba do ucedo
i
eu non vin einda a cor da miña amiga.
Agora
é cando ún treme e ten medo.
/
ISTE
desacougo! Este cousa! Esta mao xorda que tira!
Iste
querer irse sin saber para onde!
/
AGORA
o meu cor é unha chaga encendida.
Unha
mao loba anda escalazándome a ferida.
/
ESTA
door que se oi!
Iste
cor meu!
Esta
door que me veo ela de seu
Sin
saber polo que foi!
/
FOI
coma se caira nunha cova.
Antes
era noite i era día
Agora
é todo unha negrura loba.
1953