Centro de Documentación da AELG
A história xamáis contada de Brancaneves e o Rei Artur - Fragmento de A hitoria xamáis contada de Brancaneves e o Rei Artur
Rábade, Tino

máis fermosa. ¡Axiña! ¡Non perdas tempo!
SOLDADO.- Si, Maxestade. Desde hoxe todos os súbditos deste reino coñecerán tan importante nova. (Sae o Soldado. Escuro. Encéndese a pantalla de vídeo e aparece o Pregoeiro tocando o tambor)
PREGOEIRO.- Faise saber a todos os súbditos deste reino que é desexo da nosa Señora, a Raíña, que todos saiban que o seu Espello Máxico a escolleu, pola súa incomparable beleza, como a máis fermosa das mulleres. E así será «per secula seculorum. Amen». (O Pregoeiro toca o tambor ata que desaparece a luz da pantalla. Cando se ilumina a escena aparecen Brancaneves e o Zapateiro)
BRANCANEVES.- ¿Aínda non amañaches eses zocos?
ZAPATEIRO.- Os teus desexos son ordes para min, pero teño tanto trabarlo estes días...
BRANCANEVES.- ¡Adulador! ¿Cantas veces terei que dicir que os ananos precisan o calzado para traballar? Non podo perder o tempo contigo.
ZAPATEIRO.- ¡Que vas perder! (Achégase a ela) Máis ben atoparíalo...
BRANCANEVES.- ¿Cando vas ter amañados os zocos?
ZAPATEIRO.- A ver se pode ser mañá...
BRANCANEVES.- ¿Vasme facer volver?
ZAPATEIRO.- ¿Tan mal me queres?
BRANCANEVES.- ¡Déixate de parvadas! Non es moi formal no teu traballo.
ZAPATEIRO.- Pois ti... ¡Nin que foses a mesma Raíña! Sempre estás a despreciarme.
BRANCANEVES.- ¿E por que non Ile fas as beiras a ela?
ZAPATEIRO.- Son o príncipe destrofiado pola Raíña e gústasme ti. ¡Que Ile vou facer!
BRANCANEVES.- ¡Parvadas! ¡Ainda te van levar preso! (Ri)
ZAPATEIRO.- ¡Vaia! ¡Preocúpaste por min!
BRANCANEVES.- ¡Ti tolcas!
ZAPATEIRO.- Pois anda con tino porque calquera día ese Espello Máxico tan famoso mira para ti e cambia de opinión. Como sempre estás no bosque, non debe coñecerte. Pero cando che bote o ollo...
BRANCANEVES.- (Irónica) Vasme meter medo coas túas historias.
ZAPATEIRO.- Xa, xa. Di o que queiras. Pero cando pase, prepárate, porque a Raíña é de coidado. Non atura que ninguén a supere en nada.
BRANCANEVES.- Teño que irme. Como mañá non estean amañados eses zocos, mándoche a Gruñón...
(Sae. Escuro. A Raíña perante o Espello)
RAÍÑA.- Espelliño, Espelliño Máxico... ¿Quen é a roáis fermosa?
ESPELLO.- Ti es moi fermosa, Raíña, pero...
RAÍÑA.- ¿Pero que?
ESPELLO.- Pois... que v¡n unha moza...
RAÍÑA.- (Furiosa) ¿Quen é? ¿Onde está? ¿Como se chama?
ESPELLO.- (Soñador) Chámase Brancaneves e vive na casiña dos ananos do bosque.
RAíÑA.- ¡¡Espello traidor!!
(Golpea o Espello ata facelo anatos. O espacio énchese de risos e voces que repiten: Brancaneves... Brancaneves. Escuro. A casa dos ananos. Están a se despedir de Brancaneves)