Rosa Enríquez (1969), A Rúa de Valdeorras.
Licenciada en filoloxía hispánica pola universidade de Santiago. Actualmente traballa no ensino secundario como profesora de francés.
*10 Premio do certame Francisco Añón 2005 polo seu poemario "Nas aforas", editado polo concello de Outes nun libro colectivo.
Neste poemario, a poeta transcribe a dor de todos os que residen nun sitio pouco común, na marxe polo motivo que sexa e que non desexan ser absorbidos polo sistema.
* Colaborou con xornais como: A Rexión, Atlántico Diario, Diario de Arousa e O Sil.
*Colabora nas revistas literarias: Dorna, Xistral, Olisbos, Leña Verde e A casa da gramática.
*Participou en recitais en Boiro e en Santiago.
-En Boiro:- recital conxunto con Yolanda Castaño na inauguración da exposición organizada pola autora, que aportou os seus poemas á devandita exposición, e coa participación de dúas pintoras, Ana Ojea e Rebeca López Cierto.
A exposición titulábase "A intersexualidade nas artes misturadas".
A inauguración tivo lugar no centro social de Boiro o 8 de abril de 2005.
-Recital colectivo organizado pola asociación cultural Barbantia, na que a poeta recitou poemas de María Mariño.(2006)
-Recital e participación nunha charla na semana adicada á muller en outubro do 2005. Este acto foi organizado por Barbantia.
-En Santiago:
-Recital no Tarasca de Santiago en xuño do 2005 con Yolanda Castaño para presentar neste local a exposición " A intersexualidade nas artes misturadas"
-Recital no centro sociocultural de Fontiñas, en Santiago, con Yolanda Castaño, Yolanda López e Olalla Cociña.
Outras publicacións:
*Traballo sobre a traxectoria literaria da autora Elena Quiroga publicado nos cadernos monográficos do I.E.V. (Instituto de Estudios Valdeorreses)
*Poemas soltos publicados nos cadernos monográficos do I.E.V.
*Relato en castelán publicado na editorial "O paporroibo".