Centro de Documentación da AELG
Artigo na Revista "Guía dos libros novos" / Sen Titulo
Caride, Ramón
Autores/as relacionados/as:
Fonte: Aparecido na Revista "Guía dos Libros Novos"
Non sei por que a lectura do Poemario Irlandés reconstrúe esta mesma impresión de normalidade máxica nos seus lectores. Pois o que fai inesquecible o relato é a ausencia de asombro no narrador, isto é: a aceptación do excepcional, do marabillosos, do anormal como cotián e mesmo necesario, ¿por que, entre París e Bos Aires, ten que haber un océano á forza? A mesma sensación desprenden os poemas deste libro, a da inexistencia do océano ou a do tempo, ou cando menos a constatación de que non todos os océanos, non todos os tempos, non todas as fronteiras funcionan da mesma unívoca e predicible maneira.