O deserto fatal Os ventos extraviados os rumbos perdidos os ollares incertos, vellos esquecementos pisando bandeiras murchas en calquer mar sempre alleo e aínda agardando. Voraz, o horror repetido lévanos ao intre supremo do beixo entre versos fundidos en lonxanos naufraxios. E nas nubens de ferruxe, baixo das augas sólidas do aire en progresión descendente volta tráxico a nós o ferro do costume. |