Cuando
despertó, el dinosaurio todavía estaba allí
Augusto
Monterroso
1.
PRIMAVERA Cando
acordou, o ciclope aínda estaba alí.
2.
AS ILUSIÓNS ÓPTICAS
Escollera
moi mal o negocio. Vendía lentes de contacto.
Axudaba
a que a xente fose feliz. Mais os ciclopes non as gastaban por
pares.
3.
A INSEGURIDADE XURÍDICA O
ciclope seguía alí, mais o xuíz non podería facer cousa
ningunha.
4.
ILLA DAS SEREAS
Cantaban
alboradas as auroras na alba. Para que os navegantes viñesen a
elas.
5.
TERRA de TROIA
O sol sempre velado,
chovía arreo ao inverno, e moito no verán. Gracias a iso o
país conservábase verde. Mais eramos infelices. Verde a terra
era, mais faltábanos o doce Sol.
Criámonos infelices, ata
que os paxaros cegaron o tenue sol e as grises nubes tapáronnos
os paracaidistas que viñan do continente, e os avións agheos
deitaron as bombas que non distinguen guerreiro de vestal, que
collen labrego por arqueiro. E todos nós soubemos da felicidade
que daba a choiva cotiá que alimentaba as nosas leiras cando
deixamos de tela, cando a substituíu o lume incendiario, o
fósforo e o napalm inmerecido.
E non era verdade que
nós, labregos, mariñeiros e obreiros, subtraeramos a fermosa
Helena, a prostituta.
6.
TANGO
O psicólogo arxentino abandonou a tarefa e liscou a valmontes
cando o ciclope se espreguizou.
7. PÉRSICU Os
pescadores deixaron de saír ao mar e os peixes medraron e a
xente esmoreceu porque un día o barcóguerro erguera a bandeira
da Coalición Internacional. Era moito: Micenas, Esparta, Azena,
Corintia, Istmia e Ízaca, entre tantas outras.
Os
peixes deron gracias a Zeus. Nós non.
8.
A LANCHA
A miña lancha ha ter pouco calado, como a nosa alma.
A miña lancha ha de ter un motor moderado en consumo, como a
nosa terra, que de momento
non
dá máis.
A miña lancha non poderá saír ao maralto, como fan os nosos
mariñeiros, que eu, circunstancias
delongadas
dunha vida xa máis que mediada, mariñeiro non son.
A miña lancha ha de ter espacio para durmirmos catro, logo de
fondearmos. Que eu non teño
leira.
Logo
a miña lancha será a miña leira. Con cociña e retrete,
desculpando.
Patrón
son, mais sospeito que lancha, lancha nunca terei.
9. CREPÚSCULO INVERTIDO En
acabando o día, o ciclope esfregou os ollos.
10. A COVA Logo
de espreguizado, o ciclope ollou para min.
Mais
eu firme.
11.
NINGUÉN O
ciclope olloume e non me recoñeceu. Para el non era Ninguén.
12.
A AGARDA
Con
todo --pensou Penelopa--, a volta desde Troia ás Cíes non tiña
perda:
só precisaba ventos constantes do Sur, ou moita voga. Non era
para tanto: dez anos de esmorga, sen avisar
que chegaría tarde á casa, xa resultaban de máis.
13.
ARMAGEDDON
E
estabades todos ollando para min mentres eu traballaba.
E
en tanto eu bebía da miña xerra mirabades todos.
E
calquera día destes o meu ollo queimará os vosos.
E
eu serei o torto na república dos cegos.
BÁGOAS
14. 1 Que,
con verse só, o ciclope chorou.
14. 2 POSIDONOS:
Polifemo, Polifemo, el non che dixen que soíño non debías ir
ao cinema?
14. 3 TOOSA:
Polifemo, Polifemo, non che dixemos que non andases con rapazas
ti só? Ou?
15.
O SOÑO
Logo
de acordar choraba o ciclope porque soñara que un anano malvado
o deixara cego. E o pranto levoulle anos.
16.
ARRINCADA
Deron
avante toda e logo cortaron a máquina. A nau demorou moito en
parar. Cando encallaron na Illa Sur, o ciclope aínda choraba.
17.ANZROPOFAXE --Comereivos
a bicos e veredes que felices somos.
Mais
nin con esas daba ciclope convencido a Ninguén.
18.
MUDA
E
a ciclopea mudoulle os picos a Polifemo. Aínda que crecido,
seguía el a chorar. As cousas non lle saían ben. Debía de ir
ao oftalmologós, mais o oculista latino deixárao todo e
marchara nun barco. A vida é todo problema.
19.
Os INCOMPRENDIDOS
O
único ollo mirou con saudade para o mar, e na miopía creu
albiscar a negra e oca nave arredándose á voga, co patrón a
lle facer o corte das mangas.
E
a única glándula lacrimal choroulle de carraxe e impotencia.
Chorou a incomprensión.
20.
ESTAMPA
As secas follas roxas do outono transmigráronse no vizoso azul
da primavera unha vez máis.
O
ciclope ergueuse do stilobato e perdeuse entre as silvas.
21.
A EXTINCIÓN
Non
quero que me faledes do ciclope máis nunca. Que desapareza. Que
se extinga.
22.
MANUSCRITO EXTRAÍDO dunha CRÁTERA CRETENSE
Querida
Esposa,
Desexo
afervoadamente que esteades todos ben: isto é, ti, meu pai e o
rapaz, que mamá xa sei que morreu.
Non
sei se esta chegará ás túas mans. Se o fai, o que máis
interesa é que convenzas o noso fillo para que sexa insubmiso.
Así non o aturullarán situacións como esta en que me vexo eu.
Non
podo escribir máis, que o barco se move moito porque un ciclope
nos guinda pedrolos.
23.
INOCUO
O
tal Pepiño afogou na praia, entre Sálvora e Haxios Vicente.
Mais
el nada fixera. Non lle guindara pedra ningunha. O seu único
ollo levaba varios días cego.
24.
ZANFONÍA
Como
se fose unha serea anti-néboa, desde moitas millas sentimos a
penosa gaita. Tocaba un triste aire lento da beiramar. O pobre
ciclope a penas daba pulsado os buratos que non vía.
25.
A DEUSA
Deitada
de banda na praia parecía unha suave inmensa serra que marcase o
final do deserto. Daba sombra abonda a todo o areal que eu desde
alí abaixo daba albiscado.
Non
podería cruzala. Era unha barreira insalvábel, unha ameaza
demasiado seria. Nin sequera ousaría erguerme. Se o fixese, non
estaría eu presentábel.
Mais,
que importaba? A auga estaría fría, e eu non precisaba bañarme
para nada. Xa me duchara de mañá.
De
súpeto, a pechar os ollos para debullar os gozos inmensos que
tiña diante, a deusa debeu erguerse e desaparecer.
Logo
foi a nada: o sol a me queimar a cara, as lenes ondas a mollarme
os xeonllos, mais tampouco non estaba alí. Esvaera. Sabía que
non a soñara, e seguiría a ter a convicción durante unha hora
ou dúas, ata que a ausencia insuperábel para sempre comezase a
transmutarse en dúbidas.
O
tempo é gratis, mais, para que me duchara eu aquela mañá?
26. TRISTE TRIG Esmorecía
o sol sobre o mar dedos de
ferraría
que evaporaban a única nube. O solpor |