Centro de Documentación da AELG
Bergantiños: A evocación dun espacio literario
Queixas Zas, Mercedes
Autores/as relacionados/as:
Fonte: Revista do San Xoán de Carballo

A historia pegada bergantiñá fica ben patente, ainda na actualidade para nós, nos diferentes recantos que compoñen esta comarca, confirmando e conformando un espazo natural delimitado con trazos propios e personalidade de seu.

Os arrecendos costeiros e interiores fixeron xermolar unha basta cultura, senlleira e productiva, tanto do punto de vista patrimonial, arquitectónico e monumental, canto cultural, científico, paisaxistico-natural, literario...

"Se Vicente Risco dicía que Galicia é un mundo, nos podemos afirmar que Bergantiños tamén o é. Un mundo por descubrir".

A comarca de Bergantiños, Xan Fernández, 2001.

Moitos son os nomes propios desta comarca que, desde ámbitos diferentes e en épocas históricas sucesivas, pasaron a formar parte da historia interna do país: o insigne xeólogo Isidro Pargo Pondal, Alfredo Brañas, o pai do movemento rexionalista do século XIX, Francisco Mourelle de la Rúa, explorador da costa do Pacífico Norte, Lino Gómez Canedo, profundo coñecedor da historia do continente americano, etc.

De centrarmonos no eido das Letras Galegas, rapidamente nos decatamos do valor cuantitativo e cualitativo que toda unha xinea de autores e autoras Ile levan imprimintdo á historia literaria do país.

A ninguén ¡le escapa a inmensa obra do "bo bergantiñán" Eduardo Pondal (Ponteceso, 1835-1917), a quen máis a diante volveremos, nin tampouco a de Xesús San Luís Romero (Carballo, 1872-1966), zapateiro de oficio, a vez que poeta e dramaturgo, autor da obra O Fidalgo (1918), a peza teatral galega de maior éxito na época; cómpre traermos para aquí tamén o poeta Antón Zapata (Laxe, 1886-1953), contemporáneo do anterior e tamén implicado no proxecto ideolóxico-cultural dai Irmandades da Fala de principios do século XX, ao igual que o muxián López-Abente.

As incursións literarias na comarca de Bergantiños, nos seus lugares, parroquias, vilas, aldeas, costumes, paisaxe, xentes, son diversas e con intencional¡dudes diferentes.

Podemos comezar polo xa clásica estampa fotográfica de Pondal, o noso bardo redentor, ofrecida no poema "Ouh, terra de Bergantiños", onde imprime un carácter atemporal ou eterno á comarca:
"-Ouh, terra de Bergantiños,
roxo á arar, nobre e testa,
doce á vista desde lonxe,
onde vin a luz primeira.

Se non te vexo cos ollo,
Bergantiños, boa terra,
Cos ollos do corazón
Vexo as túas doces veigas.
Ouh, terra de Bergantiños,
Ben te vexo desde lonxe,
Cos teus trigos e os teus pinos.
(... )

Aquela é a ponte Dona,
Zreo, Xaviña e Valencia,
Corcoesto e Santa Baia,
todos, todas, boa terra:
a carballeira de Verdes,
ben preto do río, é aquela;
aquela é a torre de Trabo,
que desde lonxe branquea;
os verdes de Coristanco
e os altos pinos de Bértoa;
e ti, castro antigo de Oca,
ben te coñezo, entre a brétoma.
Ben te vexo, Bergantiños,
desde o alto de Ferreira,
cos teus trigos e os teus pinos. "

Máis, de seguro que o tempo actuou sobre a comarca e a visión pondaliana desde o alto de Ferreira xa non será a mesma.

Centrándomonos en exemplos literarios máis actuais, o panorama das letras galegas continúa a ser arriquecido e renovado por novos escritores/as que achegan un hálito fresco e moderno. Neste sentido, cómpre introducirmos aqueles textos que cumpren unha outra función literaria, descritivo tamén, máis non laudatoria.

As páxinas creativas dos autores bergantiñáns tamén recollen o paso do tempo sobre a vida da comarca e os seus efectos case nocivos. Eis o estado da cuestión. O mundo do presente esquece a memoria, o pasado, en que ante supón retroceso e atraso, hoxe é modernidade, e maá non se sabe que será, pero tampouco importa demasiado.

E neste debate, velai temos a Pepe, o protagonista masculino da última novela do carballés Xurxo Borrazás, Na maleta, quen visita, logo dun temp, os espacios do seu pasado de nena, das súas vivencias infantis en compañía dos seus pais e da súa eterna amante Carme. Máis decatáxe de que todo cambiou, o paso do tempo mudouno todo. A visión actual, presente, nada ten a ver coa visión interna e ensañada que el gardaba protexida na súa memoria.

"Ás oito saíra a andar polo prazo do Concello, tampouco o que el coñecera, nin a igrexa. O que si se mantiña era o cárcere do século XIX, intacto. Baixou pala. rúa do Sol e ao chegar ao río veu a sorpresa (...), o barrio da Ponte desaparecera. As cousas podían ter mudadeo arreo, de feito mudaran, pero de aí a quilo... Faltaban as estradas da Silva e de Santiago, o campo da feira, a capela da Milagrosa, o cemiterio, centos de casas e por suposto a ponte. Nin rastro, a natureza medraba verde como na prehistoria dos tempos, antes da especulación humana."

Eis un pequeño exemplo da literatura actual ao servicio da recuperación da memoria colectiva do pobo, unha funcionalidade denunciadora, crítica, resgatadora dos valores de noso, propios dun pasado que nos corresponde, máis vilmente aniquilado polo cobiza e o despropósito (in)humano.

Para alén de todo isto, máis aló do retroceso que todo progreso implica, "os tempos novos son chegados" e compre vivírmolos. Un novo modus vivendi se instala en nós, con novas metas e preocupacións, novos espacios de encontro. Máis unha vez, os diferentes lugares da comarca teñen o seu contrapunto modernizador, reflectido nun novo espello. Carballo, Rozo, Malpic, Corme, topónimos evocados na narración do tamén carballés Xurxo Chapela intitulada Con Aroa, o último verán, relaciónense entre si cun mesmo denominador común: o mundo da noite, as relacións persoais entre colegas, a xuventude, o amor, o desexo, a inseguridade, o alcohol, a procura desesperada e convulsiva de satisfacción individuais e inmediatas, a angustia, a desazón, e, en definitiva, o sometemento do futuro descoñecido ao presente rutinario.

A cotidianeidade oa servicio da escrita literaria como vínculo directo cun leitorado identificado co texto,

O Bulebule, o Caimá, o sinagoga, a Terraza, o Jaque, o Cordobés, a tasca de Liaño, a da Pacheco, actuán simbolicamente como locus de encontro e desencontro, de compañía e de soidade, de afectividade e harmonía ou, pico contra, caos absoluto. ¿Cómo a vida mesma, se cadra?

A penas tres breves mostras da literaturización da comarca de Bergantiños, programadas con prismas diacrónicos diferentes, mais que, en definitiva, actúan como un caleidoscopio e achegan vida propia e dinamismo á nosa zona xeográfica. Se tradicionalmente xa se consideran canonizadas certas localizacións espaciais na nosa produción literaria -Ourense, Vigo, Santiago, O Coure, ete.,- modestamente pensamos que tamén a comarca de Bergantiños ten motivos suficientes como para ser considerado un firme espacio literario. De seguro que os autores e autoras bergantiñáns continuarán dando futuras mostras literarias de calidade para o panorama literario galego.