Mercedes Queixas Zas
Profesora de Língua Galega e Literatura
A presente comunicación xorde como resultado dun traballo de análise lingüística desenvolvido no marco docente do CPI Alcalde Xosé Pichel, situado no concello coruñés de Coristanco, tendo como informadores un conxunto de alumnos/ as con idades comprendidas entre os 15 e os 17 anos, habitantes das diferentes parroquias do concello citado, senlleiro representante do interior da comarca de Bergantiños, estudantes todas e todos eles de 4° nivel de ESO, que teñen en común un uniforme comportamento lingüístico, pois todos son monolingües en galego.
Este traballo non nace, pois, a partir dun soporte científico rigoroso previamente elaborado por especialistas neste tipo de sondaxes, senón simplemente da nosa curiosidade e posterior observación arredor do comportamento lingüístico do conxunto do alumnado ao que impartimos aulas durante os doüs últimos cursos escolares, incluíndo tamén o curso 2001-02 que agora acabamos de comezar, ou o que é o mesmo, o tempo que levamos destinada neste novo centro de carácter rural, logo dunha estadía de tres anos nun instituto de secundaria situado nun barrio da cidade da Coruña.
Temos de recoñecer que unha das primeiras impresións, ben gratas por certo, percibidas ao incorporármonos a este novo destino laboral, foi o noso encontro cunha realidade sociolingüística monolingüe, cunha prática comunicativa entre a mocidade desenvolvida integramente en galego, situación esta que nada tiña a ver coa nosa anterior experiencia profesional, caracterizada por posuír un alumnado instalado case na súa totalidade no código español.
Superada a emoción inicial, o segundo paso consistía na toma de contacto directo co alumnado ao que me correspondía impartir aulas. A relación entre os discentes e eu propia ao longo das sucesivas aulas de diferentes cursos, a estreita relación que a convivencia no espazo-aula permite, as xuntanzas nas saídas extraescolares e complementarias, os encontros con eles no marco de reunións de traballo máis ou menos formais (convocatorias de consello escolar, xuntanzas da comisión de convivencia, equipo de normalización lingüística, organización de diferentes actividades académicas, participación en concursos fóra do centro...) permitíronme observar o mantemento inalterábel do seu código lingüístico en diferentes contextos (formais e informais) e con diferentes falantes (coñecidos e descoñecidos). O seu comportamento lingüístico coerente permitiume comprobar que agora poderla obviar aqueles temas en que tanto tiña insistido anterior siente como o exercicio de procura dnnha fonética e morfosintaxe galega, de aprendizaxe de vocabulario básico, alén da insistencia na necesidade de non confundir o aprendizado do idioma galego co de calquera outro idioma foráneo.
No entanto, foi así como descubrimos, ao tempo, no noso alumnado, unha realidade lingüística oral, mais tamén con prolongación na expresión escrita, fortemente deturpada, castrapizada, inzada de interferencias morfosintácticas e fundamentalmente léxicas que o alumnado asumira como propio, o que o convertía en seres inconscientes do seu contributo á autoanulación do idioma, através do contaxio, permitíndose esquecer estruturas e léxico que Iles pertencían, e que en moitas ocasións recoñecían como habituais na fala de pais e avós, por outro alleo que contribuía ao seu agochamento, nunha fase inicial, e, máis tarde, en definitiva, á súa substitución.
Logo de ter traballado con este conxunto de alumnos/as as programaeións específicas de cada nivel, durante os dous cursos equivalentes a 2° e 3° de ESO, correspondentes aos diferentes bloques de contido referidos no DCB (língua oral, língua escrita, língua e literatura, língua e sociedade, língua e medios de comunicación), consideramos que era o momento de facermos un exercicio de reflexión, tanto a nivel individual, un auto diagnóstico, canto social, a xeito de radiografia lingüística do conxunto da sociedade mais próxima a eles (familia, veciños, amigos...).
A experiencia reflexiva. e autocorrectora das estruturas morfosintácticas e léxicas propias do idioma español, empregadas polo alumnado nos seus rexistros oral e escrito, ao longo de diferentes cursos, foi facendo o alumnado consciente, en boa medida, da forte contaminación lingüística a que estaban sometendo a súa fala. Eis a cerna do problema e o punto de partida do noso breve traballo de campo.
Para a procura de datos partimos de catro preguntas iniciais que o alumnado debería responder anonimamente e por escrito, logo da súa reflexión e observación individual:
1. ¿Que vocabulario non expreso nunca en galego?
2. ¿Por que non o falto? ¿Que ou quen mo impide?
3. exuda a escola a modificar este tipo de conduta lingüística, a depurar a. expresión en galego?
4. ¿Que modelo lingüístico segue a mocidade que coñeces no momento de cambiar de centro de ensino para Carballo ou A Coruña? -
As respostas á primeira cuestión foron as que nos forneceron unha maior base de datos, pois os campos semánticos aludidos polo noso alumnado foron numerosos e todos eles correspondentes ao substrato básico do idioma, isto é, aquel que ten unha presenza case que constante entre os falantes galegos e por tanto unha recorrencia moi elevada, dada a necesidade de uso. Quixeramos citar a xeito de exemplo os seguintes campos semánticos, se ben, dadas as circunstancias temporais que rexen este tipo de comunicacións, referiremos a penas algunhas das moitas mostras léxicas ofrecidas polo alumnado nos seus inquéritos. Os nosos discentes recoñécense, xa que logo, inseridos nun proceso de forte castelanización á hora de referiren os nomes dos días da semana e dos meses do ano (lunes, miércoles, jueves, enero, julio, setiembre...), os números (en operacións matemáticas e físicas, ao comunicaren o teléfono persoal...), utensilios da cociña e mobles da casa en. xeral (tenedor, cuchillo, lavavajillas, cafetera, azucarero, mesita de noche, reloj, lámpara...), nomes de alimentos (lentejas, queso, lechuga, fruta, bacalao...), as diferentes materias do seu currículo académico (biología, geología, tecnología, lengua, gimnasia...), o material empregado na aula (cuento, lápiz, cuaderno, afilador...), os nomes identificativos de persoas e lugares (La Coruña, Orense, Villalba, Julio, Martín...), as cores (blanco, rojo, amarillo...), os oficios (albañil, peluquera, fontanero, maestro...), os elementos do vestiario (jersei, falda, cinturón...), fórmulas de saúdo (buenos días, buenas tardes, adios...), partes do corpo (rodilla, tobillo, cuello, cejas, costillas, pestañas...), adverbios de negación e de afnuiación (no, siempre), os animais (jirafa, mariposa, paloma, tortuga, potro...), períodos de comida diaria (desayuno, cena), espazos fisicos (colegio, calle, plaza, ayuntamiento, joyería, tienda...), xoias e aderezos persoais (collar, pulsera, anillo, pendientes...), etc. Asemade son asimilados directamente do español aqueles vocábulos definidores do mundo da tecnoloxïa, infoi riiática, internet, telecomunicacións e novas tecnoloxías de avance e de futuro, con carácter xeral, de xeito que a propiedade inerente ao idioma de ser capaz internamente de renovar e autosubministrar o vocabulario novo necesario para a comunicación da sociedade, isto é, o papel neoloxizador e creador do propio código lingüístico, fica anulado a prol do máis puro efecto mimético a respecto do español.
Cómpre destacarmos de xeito especial o recoñecemento inmediato, por parte do noso alumnado, da castelanización sistemática da fórmula identificadora do idioma, citado sempre como "gallego", nome con funcionalidade substantiva e adxectiva empregado, por extensión, para a referencia a todo aquilo que ten a ver con Galiza, incluídos os seus habitantes, autorrecoñecéndose eles propios como "gallegos".
Unha outra cuestión que afecta ao idioma desenvolvido por este sector de falantes é o da castrapización de vocabulario, que acrecenta a maiores a depauperación do idioma galego, proceso instalado igualmente nun amplo espectro de campos semánticos básicos e que afectan a cuestións morfosintácticas de diferente índole: confusión de xénero (a nariz), malformación do plural (os mandiles, papeles), alteracións léxicas (baraxa, conexo, parexa...).
A segunda interrogante presenta menos variacións á hora de agruparmos as respostas, pois estas foron bastante unifoi enes, resumíndose as xustificacións en dúas grandes ideas:
1. 0 modelo lingüístico empregado polo alumnado responde fielmente a un outro modelo anterior aprendido no ámbito familiar, social e local en que se desenvolveron os falantes desde nenos. Isto é, a natureza social da fala confirmase en expresións como `falo tal e como oín primeiro e como me aprenderon", "desde sempre falei así" ou faio así por costume". Estas foron respostas comúns á maioria dos participantes do inquérito.
2. Unha parte importante do alumnado tamén apela á propia institución escolar como elemento lingüístico distorsionador de cara ao coñecemento e uso correcto do idioma galego por parte dos seus falantes. Neste sentido, moitos enquisados concordan en que o feito de unha boa parte do seu profesorado falar / explicar exclusivamente en español, ou nun galego en precario, implica que "se che peguen as palabras", o que redunda nunha clara substitución léxica no vocabulario propio das materias impartidas no outro idioma, ou chegándomos ainda móis lonxe no problema, en que non se traia para o galego aquel vocabulario de nova fonuación de carácter científico, tecnolóxico, informático, etc., que, como xa foi dito, tan importante é para a renovación, modernidade e utilidade de calquera idioma.
Asemade, tamén lembran as respostas de varios alumnos que a escola anterior a penas actuou como correctora da súa prática lingüística deturpada durante o período de escolarización inicial, en educación infantil e primaria, antes ben foi bastante pecinisiva, do que se deduce que o estabelecemento dunha no,nia culta, oral e escrita, parece adiarse para níveis superiores.
Este último comentario lévanos á valoración extraída a partir do terceiro interrogante, aquel en que se procuraba indagar se a escola está a xogar, segundo o punto de vista do alumnado entrevistado, un papel determinante no proceso de consecución dunha prática monolingüe en galego, oral e escrita, ben asentada e aperfeizoada, isto é, culta, en convívio con outras variedades diatópicas, diafásicas e diastráticas. Neste sentido, a maioria do alumnado recoñece a escola como un lugar "moi importante" para a mellora do código lingüístico e a consecuente consecución dun estadio de língua depurado de barbarismos, mais os froitos non chegan máis aló de cumpriren unha funcionalidade infoiniativa na teorizacíón e prática das aulas de língua e literatura galega, maioritariamente, onde os alumnos/ as son conscientes de que se manexan na "norma". Como contrapunto, boa parte das restantes disciplinas, mesmo aquelas que aprioristicamente están amparadas pola lei, son impartidas ben en español ben nun galego incorrecto ou pouco coidadoso que tan só azuda a. acrecentar o confusionismo dos adolescentes. Esta infravaloración, xuntamente coa falta de hixiene lingüística por parte de moitos docentes, inza de confusionismo os nosos rapaces/as, o que se transmite logo na escasa importancia por parte da sociedade nova" a respecto do bo uso da posa língua, do manexo consciente do idioma a partir do seu coñecemento e estudo ou, o que é peor ainda, no esquecemento das melloras aprendidas "ao saíres da escola". É dicir, a escola aprende galego mais non é quen de asegurar o dominio teórico e a correspondente prática extraescolar dun modelo lingüístico depurado, non contaminado. Dito doutro xeito, a escolarización en galego e os consecuentes usos lingüísticos da mocidade galega parecen camiñaren por vieiras paralelos sen visos de se chegaren a xuntar.
Esta inseguridade á hora do uso consciente do idioma propio, do dominio do modelo de língua culto, da súa validez social universal, leva ao recoñecemento e constatación, por parte dunha extensa maioría de alumnos/as interrogados, do abandono da língua en canto se producir un desprazamento no espano físico e unha toma de contacto cun novo ambiente. No caso particular que nos ocupa., isto é frecuente perante a necesidade do alumnado de se desprazar a outra vila próxima (Carballo) ou cidade (A Coruña) para continuar co seu proceso de foiniación.
O paso dos alumnos/as galegofalantes pola escola actual -como é sabido aínda ben lonxe de estar normalizada no uso do idioma propio do país, ao non respectar nen sequera dereitos lingüísticos do alumnado galegofalante tan básicos como o proceso de aprendizado lecto-escritor en galego-, durante todo o período de escolaridade obrigatoria (desde os tres até os dezaseis anos) garante certo dominio teórico do idioma propio do país, especialmente na variante escrita, transmite un modelo lingüístico depurado tan só en parte, mais non asegura nin de lonxe o asentamento definitivo dos individuos galegofalantes de nacencia no seu idioma, isto é, non se potencia nin consolida a función de identificación dó falante para coa língua que lle é propia, tan necesaria para poder falar de futuro para o galego. Ao non se afirmar a estrita vinculación necesaria entre galegofalante adolescente e língua galega, o primeiro vese superado por outros condicionantes que o fan abandonarse á expresión noutra fala foránea.
A casuística que explica esta situación de abandono lingüístico é de sobra coñecida, pois seguen a funcionar perfectamente vellos prexuízos que, ben lonxe de ficareis superados, foron acrecentados por outros contemporáneos, que conviven á par do modus vivendi dos adolescentes e que inciden directamente na perda de galegofalantes naturais, especialmente novos, baluartes insubstituíbeis no proceso de transmisión lingüística xeracional. O abandono do idioma propio responde, entre outros factores, a prexuízos sociais, á presión dos amigos/as, ao sentimento de "necesidade" de adaptación á fala dos novos compañeiros, á comunicación en español por parte do novo profesorado, á percepción do español como língua ambiental maioritaria...
De todo o exposto anteriormente, sempre a partir da información ofrecida pola vivencia particular compartida co noso alumnado, gostaríamos de extraer as seguintes conclusións para a súa análise ad futuram, se ben con carácter xeral:
1. A escola galega actual non está a reforzar a función de identidade da língua no seo dos seus falantes máis novos.
2. En consecuencia, as xeracións de individuos máis novos galegofalantes de nacencia confórmanse con reiteraren, nun proceso de mímese irracional, modelos lingüísticos aprendidos nos ámbitos máis próximos en que a prioridade de trazos morfosintácticos e léxicos propios do idioma español, innecesarios e portanto errados, xoga un papel fundamental nas diferentes situacións comunicativas dos habitantes naturais de Galiza portadores de idioma de seu.
3, A impartición de aulas de língua e literatura galega está a se desenvolver nun marco case exclusivamente teórico-gramatical, especialmente centrado nos usos escritos, que non se proxecta nunha prática lingüística habitual cuidada e hixiénica,
4. 0 dominio lingüístico que desde a escola obrigatoria se está a impartir, conforme uns deseños curriculares base e as correspondentes programacións, non implica que, unha vez fóra da escola, o alumnado sinta a necesidade de desenvolver unha variedade de língua confoi ene á norma, baleirada portanto de castelanismos innecesarios, nin tampouco evita o abandono do propio idioma.
5. Non podemos esquecer que o alumnado ten na escola un modelo a seguir a todos os efectos, alén da propia sociedade en que viven, polo que o valor da negación que desde unha parte do sector docente en Galiza se lle dá ao galego, xuntamente cos comportamentos diglósicos manifestados, é transmitido aos nosos rapaces/as, o que pode derivar, co tempo, nunha actitude de autonegación lingüística perante a febleza da vinculación do individuo para co seu idioma propio.
6. En último lugar, e xa como conclusión a estas páxinas que non pretenden. ser máis do que unha primeira ollada superficial aos usos lingüísticos das nosas xeracións máis novas, coidamos que a escola galega actual está a actuar como un elemento fortemente antigaleguizador ao non asegurar os dereitos lingüísticos do alumnado galegofalante, contribuindo deste xeito ao proceso continuo de perda, de individuos galegofalantes no momento de abandonaren estes o período de escolarización obrigatoria.
Á vista destes resultados, coidamos que, após vinte anos de Estatuto de Autonomía e dezaoito de Lei de normalización lingüística, o camiño da normalización para o noso idioma, emprendido desde a escola, en particular, mais desde a Administración como (ir)responsábel, amosa unha parálise temporal que, de non remediármola a tempo, poderia ter un carácter definitivo. En todo o caso, será responsabilidade de todos e todas nós.