nada resiste ao vento que humilla a herba
só eu cabalgando no día
na noite a lombos do Negro
neste cabo do mundo
son deus ou anxo
tirando o neno dun ventre dunha boca
que non cede a presa
desfacendo nós da embigueira como vincallos da resaca
a voz dos tombos
saúda á recén nacida ofrecéndolle
o amargo leite do mar
marcándoa con sal na fronte
atándoa a estas penas herba ruín
ventos de loucura
sen remisión