Centro de Documentación da AELG
Bio-bibliografía e andaina cultural
Autores/as relacionados/as:

Mª do Carme Kruckenberg Sanjurjo


Naceu en Vigo o 3 de Xuño de 1926. Estuda na mesma cidade, no Colegio Alemán. Co gallo da guerra europea non pode rematar os estudos ó pecharse o colexio e négase a comenzar de novo nuhn instituto, xa que ten que examinarse do primeiro outra vez, así que estuda pola sua conta, idiomas, historia, ciencias, literatura, etc. etc. Pódese dicir que é unha auténtica autodidáctica. A meirande parte dos seus coñecementos debellos ó seu pai que infundiuna verdadeiro amor polo coñecemento.

Casa no 1949. Dempois de visitar Francia e Italia viaxa a Argentina e vive en Bós Aires catro anos. No Rio da Prata conece a elite dos escritores arxentinos e de moitos mais paises de América, refuxiados políticos, así como a galegos e españois que estan na mesma situación. Un dos mais importantes foi Castelao, con que estivo duas veces falando de política e literatura en Maio e mais en Novembro de 1949, dous meses antes de seu pasamento. Arturo Cuadrado, Lorenzo Varela, Emilio Pita, Xavier Boveda...

Foi unha gran amiga de Rafael Alberti e Mª Teresa León, "os seus pais de Arxentina", como ela os define. Na casa dos Alberti, coflece a Miguel Angel Asturias, Gloria Alcorta, Oliverio Girondo y Nohra Langue, Estela Canto, Mª Rosa Oliver, Salazar Bondi e Guillermo de Torre quen a presenta o seu cunado Jorge Luis Borges e con quen reunese todolos mércores no Richmond da rua Suipacha. Alberio Girri, un dos grandes poetas xunto con Olga Orozco, o editor Losada etc.

Sepárase do seu marido no ano 1953 e volve a sua terra no mes de Marzo. Ese mesmo ano en casa dos Garcia Lorca coñece a Vicente Aleixandre e Dámaso Alonso. Nas reunions no Café Gijón trata moi especialmente a Gerardo Diego.


Poesia

1950.- Nestes anos escribe, Cantigas de Vento, Los parajes inmóviles e Rumor de tiempo, editados en 1956 e 1958. En Bós Aires escribe e pubrica Las palabras olvidadas, unha carpeta de tres poemas adicados a Paz, par Congreso da Paz de Viena 1950.

1958.- Fai un libriño para a sua filla Farol del Aire. Nestes anos viaxa constantemente.

1962.- Remata en Saint Jean de Cap Ferrat Poemas inevitables (castelan).
            Para a colección "Alrededor de la Mesa", Bilbao. Os Poemas y Canciones de aquí y de allí .Para a colección Salnes de Galaxia Canaval  d 'Ouro.
            Volve a viaxar por Francia e Italia e varias veces a Portugal

1964.- Tauromaquia en línea y verso con debuxos da autora, libro que gustou especialmente a Vicente Aleixandre.

1969.- Memoria de mi sueño

1972.- Cantigas de amigo a Ramón G. Sierra do Pampillón

1976.- A sombra ergueita, Ediciones Castrelos (un dos seus mellores libros en galego según Xesus Alonso Montero).

Dende esa data ten un tempo de silenzo. Morre o pai no 1972 e ponse a traballar primeiro en seguros e logo durante once anos nos Laboratorios Servier como delegada científica. Rompe ise silencio a morte de unha amiga e profesora da sua filla Cristina, recopilando varios poemas que tiña sen editar e no ano 1983 editase 20 poemas rescatados del olvido y una elegía a Chuca Pereda

1986.- Cantigas para un tempo esquencido. Ediciones O Castro

1990.- Unha carpeta de cinco poemas o mar Ardora, para Baiona Horizonte Atlántico que leva asi mesmo 5 gravados en color de Antón Goyanes.

1992.- Alegoría do ensoño ferido, Ediciones O Castro

1996.- O concello de Vigo edita os Poemas inevitables na versión galega que fixo la mesma autora.


Traduccions

1968.- Cantos del 6° Dalai Lama. Papeles de Son Armadans. Palma de Mallorca.

2004.- Colección Esquío (galego-castelán)
           Cantos do 6º Dalai Lama en galego. Edición da Colección Esquío Poesía.

E sen editar Poemas de James Joice. J.B. de Mac Leish (perdido) en colaboración con Jean Braton. Poemas de Giuseppe Ungaretti. Trilogía Espanol de R. M. Rilke.


Discos

1959.- Poemas Galegos e Poemas castelans. R.C.A. Espanola. Madrid. Coa presentación de Jose Garcia Nieto.

1997.- Daquelas que cantan (Escolma en homenaxe a Rosalía Castro)

1998.- Un século de soños, Songasa S.A.
            Calamidad sentimental. Edicions Xeral de Galicia, con Pilocha, música de A. Seoane.

1999.- Soloucos de Aurora López, Xunta de Galicia-Galaxia.

2000.- Colección de poemas, contados por Rafael Ruibal
 

Colaboracions

Revistas
Alba, El Coballa, Papeles de Son Armadans, Poesía espanola, Olalla, Narceja (Brasil),  Ágora. Doma, Nordés.

Diarios
Gaceta Ilustrada, Nueva España, Faro de Vigo, Xornal Diario, La Voz de Galicia.

Escribiu arrededor de 200 artigos nas revistas e diarios xa citados.


Antoloxias

1959.- Antología de la poesía española. Luis López de Anglada.

1960.- Antología de la poesía gallega. Ramón González Alegre.

1980.- Antología poética. Milton de Lima Sousa.
            Antoloxia da poesía galega do post modernismo os novos. Francisco Fernández del Riego. Edicions Galaxia.

1984.- Libro do amor. Terceiro Curso de Filoloxía do Colegio Universitario de Vigo

1986-7-7-93.- Festival da poesía do Condado.

1987.- Poetisas galegas do século XX. Maximino Cacheiro Varela

1989.- De Pondal a Novoneyra. X.L. Mendez Ferrin..
            Os poetas de Vigo cantan a sua cidade (idea e realización Mª do Carme Kruckenberg. Concello de Vigo.
            Queimar as meigas. Galicia 50 afios de poesía de mujer, Elisa Vazquez Gey. Torremozas.
             Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina. Edit. Fundación Araguaney.

1992.- América na poesía galega. Maximino Cacheiro Varela.
             Palabra de muller. Camino Noia. Edicions General de Galicia.
             Baiona Horizonte Atlántico ( Escolma de participantes 1985-1992 )
 
1995.- O ensino da lingoa, por un cambio de rumbo, Castelao. Mª Pilar García Negro.

1996.- Galegos na escaleira. Xurxo Lobato.
            Navega coa cultura galega. A Guarda (1996-7)

1998.- A cidade dos mortos. (Pereiro 1898-1998). Concello de Vigo.
            Os poetas de Galicia cantan a García Lorca. Concello de Santiago.

1999.- Castelao na galiza do século XX. AS.PG.Universidad de La Coruña.
            Homenaxe a Laxeiro, Curros Enriquez e Avilés de Taramancos.

2000.- Os escritores galegos e Iberoamérica. Universidade de Vigo.

2001.- 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enriquez. Edicions Xerais

2002.- Elas n° 1. CC.OO
            O mar na pintura e na poesía galega. Deputación de Pontevedra.

2003.- Elas nº 2. CC
            2º volume de Intifada

E outras


Simposios

Conferencias e recitais, dende o primeiro en Montevideo en 1950 ata esta ano 2005.


Distincions

1994.- Viguesa distinguida.

1997.- Premio Alecrin.

1998.- Medalla de Galicia ( bronce ).
            Galega destacada. Dialogos 90.

1999.- O Concello da cidade de Vigo dedicoulle unha Praza co seu nome.

2000.- A fixeron membro de Enxebre Orden da Vieira.

2002.- Membro do Patronato Rosalía de Castro.
            Medalla Castelao.

2003.- Patrona da Fundación Rosalía de Castro.

2005.- Dama do oruxo de Galicia