Centro de Documentación da AELG
Contraportada "Linguas Mortas"
Autores/as relacionados/as:

Ao coincidir na práctica dunha liña de expresión persoal nos Medios informativos -amais de coincidencias temáticas e de plantexamento-, ámbalas dúas autoras conseguen que os seus materiais diversos acaden unidade comunicativa E conségueno a traveso dunha poética de abandono do obvio e que ten o seu gume no real que é real porque foi transformado en escrita e imaxe fotográfica,
No 1976 Anna Turbau chega a Galicia. E a primeira free-lance que ven a Galicia para folografa-lo inexistente na prensa galega e para que Galicia exista nos Mass Media do exterior. E será en Galicia onde defina a súa traxectoria, apostando no seu criterio de Autora que, en dediante, a caracterzará.
A serie de Margarita Ledo Andión que lle dá título ao libro compóñena textos de creación sobre noticiábeis e que foron realizados para un programa pirata de radio, en galego e en Barcelona: para edicións sucesivas do Festival de Poesia do Condado: para revistas de grupo que nacen e que esvaen. Agás a serie de opinión, nove artigos de prensa, publicados entre maio e setembro do 87.
Materia toupiza de Mass Media que se acolle á multiplicidade de formas de linguaxe e de divulgación, para pecha-lo circo necrófilo que domina como fe de erratas Ou erratas de fe.