Centro de Documentación da AELG
Santa Liberdade
Ledo, Margarita
Autores/as relacionados/as:

 


Dirección e guión: Margarita Ledo Andión.
Ano: 2004.Duración: 87 min. Xénero: Documental.
Música: Manuel Rodeiro.
Fotografía: Luís Abramo Campos e Rui Poças.
Montaxe: Manu Mayo y Margarita Ledo Andión.
SINOPSE
1961. En España, Franco  aferrábase á súa dictadura. En Portugal, Salazar facía o mesmo. Fóra da península, miles de persoas víronse forzadas ao exilio. Entre estes exiliados, houbo moitos que loitaron activamente polo derrocamento das ditaduras.
Unha das diversas formas de loita protagonizárona os vintecatro antifascistas membros del DRIL (Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación) que organizaron a “Operación Dulcinea”, consistente no arriscado secuestro do transatlántico Santa María, para chamar a atención sobre a situación política dentro da península. Durante trece días a operación tivo éxito. O barco cambiou o seu nome polo de Santa Liberdade e o secuestro puxo de relevo a contradición internacional que representan España e Portugal. Foi un oasis dentro do Atlántico que rematou no porto de Recife, Brasil.