Las
copas de oro fino con que bevies tu vino?
Anónimo
medieval
As
leis da continxencia
quedaron
transgredidas
e
a morte e a esperanza confundidas
A
figura cinguida
perfectamente
seria
O
lenzol do sudario
no
reino inconsumido da carencia
A
boca agasallada
sumida
nunha luz ultravioleta
O
segredo da fronte na eterna realidade das ideas
As
mans que aloumiñaban
unxidas
de incerteza
Os
vasos de alabastro
escachados
nas canles da desfeita
Derramadas
sustancias
en
fráxiles lucencias
O
espírito no Espírito
na
onda mística da única conciencia
O
amor ó corazón á derradeira rosa
dona
eis-Domine-vitam aeternam