CALAFRÍO |
Envolto
na grosa negrura nocturna
da
rúa deserta
e
sen embargo
como
se todo me escrutase curuxento
Nin
pechando os ollos
ser
quen de atopar un agocho trala nada
Como
se tamén a soidade
máis
miña
estivese
ocupada
en
espreitarme
PROCESO DO PROPIO EXTRAVÍO |
Logo
de que un acepta
a
sordidez do silencio como cilicio
un
frío de abisal azul invade a alma
e
como un incansable atleta
o
tempo alanca polas datas
deixándonos
unicamente na lembranza
días
de barro
e
cantos de paxaros rotos
E
perdida xa a consciencia
de
cando foi cedo
nesta
absurda travesía
non
somos quen de comprender
por
que no espello
o
propio reflexo
nos
resulta cada vez
máis
lonxano e máis alleo
FRIAXE Á RAXEIRA |
Sentados
á roda
na
herba dunha tarde azul
mirando
con aglaio
os
ronseis das viaxes
Con
tódalas preguntas imposibles
aínda
por facer
e
o arquivo dos soños
por
estrear
Tamén
el dende o seu tallo
tan
lonxe no mesmo hoxe
mantiña
o ollar atento
Coma
se no seu ceo tremente
albiscase
escorzos de sombras e ausencias
invisibles
dende a nosa primavera
tan
nova
VÍCTIMA |
El
dixéralle vaste acordar
e
logo ela case non acorda
naquel
leito de vermello seu
Confusa
aínda
chegada
a hora
non
entende
que
themis mude en pilatos
con
obxecto de deixar a súa vida
outravolta
nas
mans
do
seu irrenunciable
destino